Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

viernes, 17 de agosto de 2018
Unha “Grave situación”

Non sei se atoparon xa a cobra que seica andaba pola presa de Cachamuíña. Ui que medo! Eu non sei se son as redes sociais ou é que, agora, a xente volveuse parva de máis cando se lle dá tanta importancia á simple visión dunha cobra. Logo, para máis aquel, case se volveu cuestión de Estado, xa que incluso houbo declaracións do tenente alcalde de Pereiro de Aguiar e axiña participaron na busca os GES deste concello, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Porque a emerxencia era grande! Tan grande como a cobra que imaxino que escaparía ante o berro de terror da persoa que descubriu o réptil. Por unha simple serpe semella que se revolucionou media provincia de Ourense. O día que vexamos a unha cóbrega papando, por exemplo, unha ra (como vin máis dunha vez na miña época da infancia), non quedará outra que emigrar para outro planeta, porque, neste, os ofidios asasinos poboarán a Terra. Meu Deus!, con todos os problemas que temos no noso país, unha inocente cobra fainos perder tempo e diñeiro (a operación da busca e captura custará o seu, e se aínda non se atopou, non digo ná), a maiores de sentirnos ridículos ante esta “grave situación”.

Era moita calor xunta!

Vou correndiño falar da calor para non morrer abrasado. Vai calor. Moita calor. Hoxe si é verdade iso de que se asan os paxariños. E se a esta calor lle engades unha motoserra acendida e dálle que dálle a uns troncos de leña, pois queda aí a cousa para que imaxinedes. E se a esta calor lle metes a tres persoas dentro dun coche ó que lle dá o sol, pois seguide coa imaxinación aberta. Esta calor enténdese por corenta graos ou máis. Despois, é verdade que un dos tres conseguiu aparcar o coche á sombra e quedou máis contento que unhas Pascuas. Polo que el e máis outra persoa marcharon a tomar algo a un bar que non tiña aire acondicionado. Con esta calor! Lectores meus, non é preciso que botedes moito a imaxinación a voar para intuír como estaba un nese bar. Logo de que, un deles, lle botara unha ollada a este xornal, optaron por marchar para o coche... que estaba a sombra. Pero que diferencia pode haber entre corenta e algo graos ó sol e corenta á sombra. Pois iso, que o asunto seguía estando para morrer. Ó final os dous personaxes acordaron saír do coche e sentar á sombra da árbore que estaba á beira, onde, por un casual, había unha fonte con auga moi fresca. Que a imaxinación voe para intuír o que fixo alí un dos personaxes. Era moita calor xunta!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania