Sobra que facer
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de agosto de 2018
Nunca vin unha persoa traballadora sen facer nada.
Sempre sobra que facer:
-UNHA CRIATURA sempre está facendo algo: argallando, chorando, rindo, pedindo axuda, chamando a atención, durmindo
-UN/UNHA ESTUDIANTE sabe que a súa principal ocupación é a súa propia formación; pero cando non estudia, pensa; cando non pensa, distráese; cando non, observa; cando non, le; cando non, ve a tele; cando non, escoita música; cando non, sae cos amigos
-UNHA PERSOA ADULTA aínda ten máis responsabilidades: a vida laboral, o sostemento do fogar, o estado da familia, os estudios, o ocio, os parentes que están lonxe, as amistades, as relación veciñais, as propiedades, a lectura, a escritura
E SE É UNHA PERSOA CRENTE, tamén dedicará un tempo á oración, ás obras de caridade, ó culto, á formación espiritual, a ensinarlle a doutrina ós seus pupilos
Se a persoa adulta goza de boa saúde: sóbralle que facer.
E SE ESTÁ CONVALECIENTE, tamén:
Soñar con recuperarse axiña, agradece-los coidados que lle prestan, seguir o tratamento ó pé da letra, planificar o que fará cando saia desa situación
E SE A ENFERMIDADE É TERMINAL e a persoa é consciente da súa situación: supoño que dará un repaso á súa vida pasada, deixará orientacións para os que veñen detrás, intentará asumir e aceptar que está chegando á meta
Eso si: se perdemos a cabeciña, xa non somos conscientes nin responsables de nada.
Confiemos que todo irá ben.
Todo esto e moito máis porque a vida é moi complexa e a veces aínda a facemos máis complicada do que verdadeiramente é.
Na vida de cada día temos moito que facer.
O QUE SE ABURRE É PORQUE NON SABE BUSCAR OUTRA ALTERNATIVA.
Incluso cando podemos disfrutar dunhas merecidas vacacións, podemos facer multitude de cousas:
-DESCANSAR tanto como necesitamos para repoñer forzas.
-GOZAR: do sol, do mar, da montaña, do medio rural, do medio urbano...
.VISITAR: museos, lugares, pobos, vilasou grande ciudades, amigos, persos sás, persoas enfermas
-DISFRUTAR DA VIDA EN FAMILIA dedicándolle máis tempo do que podemos dispoñer en período laboral.
-VISITAR FAMILIARES OU AMIGOS que fai tempo non vemos.
-CONTEMPLAR A NATUREZA: unha formiga, un paxaro, unha ovella, un regato, unha bolboreta, unha silveira, unha viña, un piñeiral, unha carballeira, un souto, un carreiro, un gato
-ESCOITAR MÚSICA:incluída a da natureza: auga da fonte, o murmurio do río, unha folla que se deixa levar praceteiramente pola corrente ou polo vento, un peixe que se esconde debaixo dunha pedra, un canto rodado, o canto do grilo ou o do cuco, o silencio
-SE NOS ATOPAMOS NUNHA PRAIA,podemos contemplar un mundo de posibilidades: unha criatura que fai un castelo, outro que carreta pedriñas sen saber moi ben para que, un pai que aloumiña á súa neniña, unha mamá que vixía constantemente o froito das súas entrañas, unha parella que goza en compañía mirándose tenramente, un ancián que pon os ósos ó sol, unha anciá poñendo protección solar, unha sombrilla que leva o vento, moitas persoas nadando, otras tomado o sol, unha cometa tele dirixida, un iate que se acerca, outro que se vai
-SE IMOS VIAXANDO: todo un mundo de persoas, de veículos, de peóns e de paisaxes rurais ou urbanas, se presentan ate os nosos ollos.
Sempre debemos estar atentos a canto se nos presenta.
E se non se nos presenta nada ou sencillamente non temos ganas de facer nada, podemos recurrir á meditación, á oración silenciosa,a estar con nós mesmos conscientes da nosa respiración ou do latir do noso corazón.
¡O milagre da vida!
FAGAMOS O QUE FAGAMOS SEMPRE DEBEMOS CONSERVAR AS NORMAS BÁSICAS DE URBANIDADE: amabilidade ante todo, respecta-los dereitos dos outros e respectarnos a nós mesmos, querernos, valorarnos, sentirnos amados.
E SEMPRE, SEMPRE, MOSTRANDO GRATITUDE.
¡¡¡¡Hai tanto que agradecer!!!
E como estamos en período estival e aproveitamos para cultivar as relacións coas amistades dun xeito especial; quero dedicar unhashumildes e sentidas palabras a ese regalo tan grande como son as amistades.
Porque a miña experiencia persoal dime que o poder da amistade é moi grande, moi grade, grandísimo.
O PODER DA AMISTADE
Este será o título do seguinte artigo dado que as vacacións estivais están a piques de rematar para tantas e tantas persoas privilexiadas que puidemos disfrutar duns días de relax coas amistades nesta época do ano.
Moitas grazas a todas cantas persoa encontrei no camiño da vida durante este verán, especialmente ás amistades e á vostede tamén.

Cachaza Platas, Mercedes