Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Praterías: dous puntos e aparte

miércoles, 15 de agosto de 2018
Creo que non erro ao afirmar que unha das novas da semana pasada foi o estrago que alguén fixo na fachada de Praterías da Catedral de Santiago. Un feito delecnable que debe ter o seu castigo. Dito doutro xeito: desexo que a persoa do rotulador azul sexa identificada e que a coña lle pese ben. Por certo, a Lei Galega de Patrimonio Cultural establece réxime sancionador...

Cómpre ter en conta que atentados contra o patrimonio hai moitos e moi variados sendo os feitos citados dos máis inocuos. Cabe mencionar o expolio das esculturas de Abraham e Isaac (en outubro haberá un xuízo debido a unha denuncia do Concello de Santiago) ou o propio pazo de Meirás por parte dos Franco.

A min indígname coa mesma intensidade os casos citados que as aldraxes que sufrimos os galegos e sobre todo o noso idioma que, como todas as linguas, é un ben universal. Ao ler a nova do acontecido en Praterías non puiden evitar a lembranza de Castelao cando no “Sempre en Galiza” pregúntase o que pasaría se alguén propón derrubar o Pórtico da Gloria e equipara este feito ao que si se permitía (e séguese a permitir) respecto ao noso propio idioma: O galego.

Por todo isto quixera que o ocorrido en Praterías (ademáis de impulsarnos a educar no civismo e na valoración do patrimonio) servira para profundizar en dous aspectos: a valoración a diversidade cultural como un legado infindo que nos pon, con voz propia, rumbo ao porvir e a necesidade de combater, sen escusas nin exclusións, a todos os expoliadores do público porque a súa riqueza sempre foi, é e será directamente proporcional as nosas perdas e, a miúdo, a nosa miseria...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES