Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudos e títulos

lunes, 13 de agosto de 2018
Acostumamos a ver aos políticos como seres diferentes a nós (que o son, só polo temple que demostran), que non sofren nin padecen, que poden resistir calquera acoso, mentir cando faga falla, falar cando non teñan nada que decir… porque a verdade é que non temos demasiado bo concepto da clase política, porque hai bastantes exemplares que deron e dan motivo para pola nosa parte cometer o pecado da xeneralización.

Proba de que senten e padecen foi o caso de Rita Barberá, xa que o seu corazón non deu resistido a presión á que foi sometida.

E non quixera estar na pel de Pablo Casado, Presidente do PP, inocente ou non, ao saber que a xuiza instrutora estima que puido haber delito no caso do seu Máster, e pásalle o asunto ao Tribunal Supremo para que cando proceda decida sobre o tema.

No estúpido complexo de titulitis que nos invade desde hai moito tempo, cada quen esgrime os títulos que posúe, coas denominacións máis rimbombantes posible, da por rematadas carreiras das que só ten cursadas algunhas asignaturas, e redondea currículos pensando que dese xeito gaña prestixio e respecto entre os que presupoñan o elevado dos seus coñecementos. E esto funciona ata o momento en que a súa oratoria delata as carencias, correlixionarios ou opositores analizan traxectorias e presencias, ou xornalistas de investigación empezan a tirar dos fíos que sempre colgan do pasado de calquera protagonista político.

Hai que ter moito temple para resistir impávido un longo proceso xudicial, semellante á espada de Damocles, ou ao medo dos galos de Astérix de que o ceo caese sobre as súas cabezas.

E se algúns políticos sofren, o prestixio dos másteres cuestiónase, e de xeito indirecto págano milleiros de persoas estudiosas que empregaron diñeiro, esforzo e tempo en coroar dignamente a formación imprescindible para empezar a andar na sociedade da que formamos parte. Co conseguinte cabreo dos que a duras penas -non por capacidade, senón por medios- remataron unha carreira pero nunca puideron matricularse nun máster.

Hai uns anos déronme un traballo feito por min medio século antes, na Academia Santa María de Vilalba, que un profesor cuidadoso conservou. Agora, polo que se ve, nin os traballos de alguns másteres se gardan en algunhas universidades.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES