Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Veraneando na que foi a praia de Lugo

jueves, 09 de agosto de 2018
Desde hai 45 anos, veraneo en Miño, na que en tempos foi a praia de Lugo. E dixen que foi, porque houbo varias razóns para que aquela afluencia case multitudinaria fose esmorecendo, aínda que siga a ser importante o número de lucenses da capital e da provincia que aquí veranemos.

Que Miño fose o lugar preferido para veranear os lucenses tiña dúas razós esenciais: dunha parte, unha magnífica praia de alomenos dous kilómetros de extensión, segura para as familias por selo para os nenos, e doutra o ser a praia máis preto da capital da provincia, a 88 km. fronte ás distancias algo maiores de Ribadeo, Foz ou Viveiro, e mellores estradas que permitían achegarse en máis breve espazo de tempo.

Foi pasando o tempo, e as praias da provincia de Lugo foron achegándose á cidade porque as estradas melloraron sustancialmente, os concellos preocupáronse por promocionar o turismo e fomentar a construcción de chalets e apartamentos -algúns pasáronse de voltas neste labor construtor- e o resultado foi que a costa lucense fíxose mais atractiva, e a afluencia a Miño foi menor, alúganse menos pisos, e aumentou o turismo de tarde porque as comunicacións permiten traballar pola mañán e desprazarse pola tarde á praia.

A todo isto veu sumarse unha crise que paralizou a construción, e restrinxiu os gastos dos visitantes, co que os que continuamos estando por aquí facémolo porque nos sigue entusiasmando o lugar, porque adquirimos vivendas que nos fidelizaron á zona, e porque a estas alturas da vida non estamos para andar cambiando dun lugar para outro e apreciamos máis a tranquilidade familiar ca poñernos a experimentar noutros posibles lugares de residencia de verán.

E, ademais, ese movemento de rechazo polos turistas que existe en alguns lugares masificados polos visitantes, nós xa o sufrimos nos anos setenta, que se a masificación resulta molesta, en Miño molestáballes que viñeramos invadilos para restregarlles o noso descanso estival. E nós, resistimos durante décadas.

Todo acaba asentándose… E nin agora hai tanta masificación de lucenses, nin os miñenses soportan tan mal aos que vimos gastar os cartos na súa terra.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES