Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A arma máis poderosa é a Fe

jueves, 09 de agosto de 2018
Como saberán a maioría das persoas que lean este artigo de opinión; esta frase pertence á Madre Teresa de Calcula.
Penso que vindo de quen ben ten que ser certa.

A fe é algo imprescindible tanto para crentes como para ateos.
Tódalas persoas debemos ter fe en nós mesmos en primero lugar.
Se non confiamos en nós mesmos… ¿En quen imos confiar?

TÓDALAS PERSOAS DE TÓDALAS LATITUDES TEMOS QUE SER CONSCIENTES DE QUE VIÑEMOS A ESTE MUNDO CON ALGUNHA MISIÓN QUE LEVAR A CABO.
Para ver cumprida esa misión, temos que concienciarnos de que dispoñemos dos recusros necesarios para acadala.

Poñamos algúns exemplos:

-UNHA AMA DE CASA QUE QUERE TER BEN NUTRIDA A SÚA FAMILIA.
Para eso ten que:
-Confiar que os alimentos son os máis adecuados.
-Confiar que se respectarán os horarios para comer.
-Confiar que lle alcanzará o presuposto.
-Etc.

-SE UNHA CRIATURA QUERE CHEGAR A ALCAZAR UN TÍTULO QUE LLE PERMTA EXERCER A SÚA VOCACIÓN.
-Ten que ter fe que estudiando o necesario pode alcanzalo.
-Ten que ter fe que lle darán unha beca se a súa familia non pode pagarlle os estudios.
-Ten que ter fe que un día ou outro terá a oportunidade soñada.
-Ten que loitar contra vento e marea por conseguilo porque: “a Deus rogando e co mazo dando”.

-SE UNA FAMILIA QUERE CONSEGUIR UNHA VIVENDA EN PROPIEDADE.
-Debe confiar que se vai traballando duro e aforrando pouco a poco poderá solicitar unha hipoteca e otro día …
-Debe confiar que non lle vai fallar nin a saúde nin o traballo.
-Debe confiar que aparecerá unha vivenda que se acomodará ás súas necesidades…
-Etc, etc

CALQUERA QUE SEXA A ASPIRACIÓN QUE TEÑA UNHA PERSOA; É CONDICIÓN INDISPENSABLE QUE TEÑA FE QUE SE CUMPRIRÁ O SEU DESEXO.

A fe da que fala A MADRE TERESA DE CALCUTA, vai máis alá.

-É A CONFIANZA PLENA DE QUE ESTAMOS NAS MANS DE DEUS.
Deus vai dando forma á nosa vida do mesmo xeito que fai o alfareiro co barro.

-É A CONFIANZA PLENA DE QUE, se facemos o que o corazón nos dicta, DEUS SEMPRE VAI ESTAR DA NOSA PARTE.

Para saber se o noso corazón nos dicta rectamente temos que prestar atención á PALABRA DE DEUS.

Non o sabemos por ciencia infusa:
Hai que escoitar a PALABRA DE DEUS E POÑELA EN PRÁCTICA.

-É A CONFIANZA PLENA DE QUE TRABALLAMOS NA VIÑA DO SEÑOR.
Nesa viña todo canto existe é criatura divina; por eso debemos tratar todo con sumo esmero, empezando polas persoas.

Recoñecer que tódalas persoas estamos feitas de mesma masa e coas mesmas MANS, non sempre resulta doado.

-É A CONFIANZA PLENA DE QUE, PASE O PASE, O FINAL SEMPRE SERÁ FELIZ.
De tal xeito que OS QUE CREMOS EN DEUS TEMOS OS MESMOS PROBLEMAS QUE OS QUE NON CREN; pero sabemos que Deus é plenamente consciente do que nos pasa, que nos leva da man e que chegaremos a bo porto.

¿Cómo sería o mundo se todos tiveramos tanta fe como tivo a Madre Teresa de Calcuta?
Seguramente seríamos capaces de facer obras tan grandes como ela fixo.
Pero ela non empezou a casa polo tellado, EMPEZOUNA VENDO A DEUS NAS COUSAS PEQUENAS.

Seguramente se nós nos fixamos nos pequenos detalles da vida cotiá, algo poderemos facer.
É moi probable que vostede se atreva a facer cousas grandes, pero eu vou intentar facer cousas das máis pequeniñas como por exemplo:

-Quererme máis a min mesma.
-Ser amable con todos.
-Agradecer o día a día.
-Disfrutar da saúde que se me dá.
-Gozar coas persoas que me rodean.
-Rirme coas persoas que están contentas.
-Chorar coas que está tristes.
-Acompañar ás que se atopan soas.
-Axudar no que estea ó meu alcance….

En fin:
“SOBRA QUE FACER”.

Este será o título do seguinte artigo.

Pido a intercesión da Madre Teresa de Calcuta que me vai facer moita falta.
Para min foi unha persoa moi exemplar.
¡Unha muller excepcional!
¡Grazas a Deus por persoas como ela e como vostede!
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania