Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe e loubanza da obra de Xoan Neira

miércoles, 08 de agosto de 2018
Hoxe é un día moi especial na vida do benquerido amigo Xoan Neira. Non porque presente un novo libro, que sen lelo sei que ha ser fermoso,-hai libros escritos nos ollos, nos labios, nos feitos-, senón porque, entre o público presente, coido que primen as persoas sensibles e delicadas que saiban acoller no seu seo poético o bó facer deste mestre, que Viveiro ten a sorte de disfrutar. Porque Xan recrea ós nenos no cabaliño do maxín por vieros de soños, con verbas garimosas e tenras, cheas dun cromatismo simbólico con metáforas e similes que lles permíte ós nenos viaxar por ise mundo máxico da poesía.

Unha poesía escasa niste mundo, cada día máis noxento, ó que non lle teño que confesar que non me gusta, co seu hedonismo, coa súa superficialidade, con don Carto como deus e cunha morea de xente que cada día parecen mais animais. Ser persoa implica andar por camiños de sinceridade, honradez, xenerosidade, afán de mellora e sempre con ise ar que da a sensibilidade a quen coida á súa conciencia. Moitos outros xa fai tempo que ladran.

Cómpre pois dicir tamén, para quen non o saiba, que non son eu precisamente un home moi dado os cumplidos ou a loubanzas desmesuradas ou interesadas de quenes ponderan seren rivales nise noxento camiño que chaman do Parnaso. Primeiro, porque a istas alturas da vida os honores e distincións só interesan ós mediocres, e en segundo lugar, porque, niste mundo da poesía, no que din vivir moitos, eu vexo só algúns coma Xan que viven dacordo consigo mesmos e non reparo noutros que só son decoradores do ar e fan malabares xogando có diccionario ou simplemente plaxian. Cecais barnizáronse con lecturas, mais ainda non coñoceron as silvas e as pedras do camiño, nin nunca souperon que a esperanza é só unha verba abstracta, no máis amplo senso da palabra.

Xan namorou moitas veces á Lúa, bebeu polos ollos o mar, e algunhas veces chamoulle cabrón e noutras agradeceulle o pan. Gardo con moito agarimo o seu poema “Lúa chea” posto nunha habitación do meu lar. Pois ben, Xan agarimou ós nenos todo-los días da súa vida, porque iles serán o froito da súa vida.

Xan agocha na súa cerna tres grandes amores: a familia, a escola e a poesía que, sendo señoras da súa persoalidade, converxen niste Home que nos agarima de cada pouco cun novo poemario onde verte a súa mellor tenrura. Os tres amores que troca en flores do seu corazón e que nos fan irmaus por parlelismo de vida e de soños. Son os dil, tres froitos dunha sensibilidade moi enriquecida coa cultura, onde a ética vive na cerne e a estética explota nises poemas cheos de luz e vida.

Antes dixen que, sen lee-lo libro que hoxe se presenta, atrevíame a chamarlle fermoso. Digoo porque lín o anteriores e para saber se un home é ou non bó poeta chega con un só.

Pero a máis niles vin como as verbas bailan no papel coma pinceles de pintor, para crea-la beleza que só ven os auténticos artistas.

Amigo Xan Neira, calo xa por aquelo do breve… pero hei deixar constancia de que eres dos pouquiños poetas que merecen a pena, niste Viveiro noso esnaquizado pola cobiza dos golfos. Grazas por haber adicado a vida a aqueles nenos que son máis meus, porque son do meu pobo, fillos e netos de amigos e ós que as cacicadas da vida me impidiron agarimar con todo o meu corazón. Por fortuna, tivéronte a ti. Grazas por adicar a túa vida á poesía, por verter a túa sensibilidade e bó facer neles, e grazas por poderte sentirte como amigo. Tres gracias dou hoxe como se piden no Ecce Homo. Eu sei que has vivir noutro Paraíso, que non é ise onde vives, senón na gloria do Parnaso. E coido que es merecente dila porque sachaches a vida coa pacenza do labrego da Terra chá . Sempre serás honra nosa, e sempre fillo bó e xeneroso da Galiza.

(Este artigo foi redactado en Viveiro o Día da Nosa Señora do 2009. Publicase nove anos despois).
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES