Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Competencias para a accesibilidade: sentido común

miércoles, 08 de agosto de 2018
Tiven un profesor de psicoloxía que decía en case todas as aulas que temos cinco sentidos máis o sentido común que é o menos común dos sentidos. Andando a vida, teño que darlle a razón xa que semella que escasea en todos os ámbitos, incluíndo aquelas obviedades que farían a vida máis doada á maioría absoluta dos mortais. Estoume a referir á accesibilidade universal, que non é nin máis nin menos que construír un mundo á altura de todas as persoas. Isto parece sinxelo; en troques, vendo a realidade dámonos conta de que o obvio aínda precisa de ser un contido educativo para ser aceptado socialmente.

Hai un ano fun de viaxe e pedín unha habitación adaptada. Cal foi a miña sorpresa cando vexo que o asento da ducha está xusto debaixo da billa. Para colmo dos colmos a billa era monomando co que á mínima oscilación da espalda pechaba a billa. Obviamente, o problema non era o monomando que é o recomendado para persoas co dificultades de movilidad. O problema era a mente iluminada que decidíu poñer o asento debaixo da billa e de espaldas á mesma. Aquelo máis que unha ducha adaptada parecía unha ducha para acróbatas...

Pero, tamén, existen pobos e cidades inaccesibles, rampas que máis que axudar incitan case ao suicidio, negocios que optan deliberadamente polo inaccesible e mesmo institucións públicas que non tiveron en conta a accesibilidade en teatros recentemente reformados.

Por todo isto, convén seguir recuncando no obvio, seguir dicindo que os que saímos á rúa o pasado mes de decembro non o fixemos por nós, senón pola totalidade da poboación, polos nosos compatriotas e polos devanceiros que virán. Fixémolo porque sabemos que un mundo accesible é un mundo inclusivo e un mundo inclusivo é aquel que acolle a todas as persoas en colo agarimoso para procurarlles futuro e benestar. Procuremos entón que o menos común dos sentidos se extenda como un sentido común que nos leve a facer unha sociedade libre, accesible e acolledora para todo aquel que nela queira vivir. Como diría José Afonso, sexa benvido quen veña por ben.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES