Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

90 meses de Galicia Dixital

lunes, 22 de octubre de 2007
En abril de 2000 asomou á Rede www.galiciadigital.com, unha plataforma virtual que pretendía abrir unha fiestra pola que todo o mundo puidese asomarse á Galicia de hoxe e de sempre.

Un a un, portal tras portal ata chegar a vintecinco, foron nacendo as pezas desta fiestra de hoxe, que permiten acceder a parcelas da nosa historia, literatura, empresas ou persoas destacadas, idioma e cultura, Galicia complexa e varia, que conjuntamente forman un edificio sempre en construcción no que mirarnos e ó que apoiar.

Porque www.galiciadigital.com ten un valor intrínseco, infraestructural, polos seus contidos, polas mensaxes, polo servicio que presta á Comunidade. Pero ese valor vese multiplicado pola atención que desperta, polas visitas que recibe, polo respaldo que supón cada entrada dun internauta a consultar os nosos contidos.

Aínda que unha iniciativa coma esta supón un contínuo esforzo investidor, un diario aporte de traballo persoal e inquedanza intelectual, a verdade é que imos de ledicia en ledicia cando comprobamos que nos últimos tres anos estamos medrando en visitas arredor do cen por cento anual, que cada vez somos máis coñecidos e recoñecidos, que cada día que pasa nos afianzamos un pouco máis neste difícil pero apaixoante mundo da Rede, de Internet.

Levamos sete anos e medio, máis de dous mil setecentos días, noventa meses de “navegación”, e cada día nos sentimos máis satisfeitos do comportamento da nosa nave, surcando airosa o mar ateigado de ondas invisibles, intanxibles pero tan reais coma nós mesmos.

Que vostede nos estea vendo neste momento é a mellor felicitación que podemos recibir.

Moitas gracias, e a mandar!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania