Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festa no Cebreiro

sábado, 20 de octubre de 2007
Festa no Cebreiro Hoxe, vaise celebrar unha xuntanza especial para celebrar o 20º aniversario da declaración do Camiño “Primeiro Itinerario Cultural Europeo”. Con varios actos culturais e a presentación dun libro do profesor da USC e xornalista, Lois Celeiro. Organiza a Sociedade/Xacobeo.

Sobre o Camiño temos reflexionado durante máis de trinta anos con milleiros de estudos e artigos. Os dous últimos domingos con dous (“Camiño Vendido” e “O Gran Tesouro”) sobre o tema deste 20º aniversario. Aludimos (con detalles que aínda están á vista e se poden ollar) á deficiente atención e mesmo vergoñento atropelo desta rota (Camiño Francés) a máis concorrida e neste momento a máis esquecida e abandonada. Cómpre insistir. Porque aínda estamos a tempo de corrixir varias barbaridades e abusos que se cometeron nesta rota principal do camiño. Non se pode esperar ao Xacobeo 2010 para dignificar, dunha vez, os camiños en todas as súas dimensións físicas, culturais, humanas, sociais e memso relixiosas para devolverlle a honra que sempre mantivo ao longo da súa amén longa histora. A estas alturas non chega con pór parches. Agora, a abundancia de peregrinos tornouse permanente e constante. Sexa ou non ano santo/xacobeo..

A chamada vai, en especial e sobre todo, para os máis directamente responsábeis do Camiño: A Sociedade/Xacobeo, Cultura/Patrimonio e os Concellos (con ou sen mancomunidade de alcaldes) Seguen sen se entender. Cónstame que ámbalas dúas partes son conscientes de que lles fai falla moita máis sinxeleza, humildade, colaboración e sobre todo ¡máis e mellor coordinación!. E seren exemplo e modelo no cumprimento das leis para os veciños “da beira dos camiños” que tamén saben colaborar e fano moi ben, mesmo con acerto e eficacia, cando son tratados con xustiza e coa dignidade que lles corresponde.

Espero que a celebración deste 20º aniversario do 1º ICE (tamén Patrimonio da Humanidade e Príncipe de Asturias da Concordia) sexa un toque serio de atención e unha forte sacudida para retomar a obriga de coidar e defender este gran Tesouro que tanto está aportar a Galiza.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES