Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A morte programada do rural (2)

lunes, 30 de julio de 2018
A morte do rural está programada e o reloxo temporal da súa existencia busca ilusións nas persoas que o habitan, mais desanimados e menosprezados polas cabezas impensantes dalgúns políticos que cando erixen normativas para devolverlle a vida que necesita, pensan que Galicia aínda está no século XIX cando o labrego era o único habitante dos eidos traballados e as vacas eran o referente ideosincrático da nosa Galiza, e de aí xorden os seus males, porque os políticos urbanitas aínda pensan que no rural só viven agricultores, e todo vai encamiñado a que esta clase social viva ben sen ter en conta á gran maioría de habitantes do rural, que nada ou moi pouco teñen que ver coa agricultura.

Dicíame hoxe un veciño da miña parroquia, -que tamén esmorece como as outras-, que tan só se pensaba nunha clase social que hoxe por hoxe xa logo é aristócrata: os leiteiros; sen ter en conta ao resto dos parroquianos que son maioría silenciosa, de momento, e aos que nada fan por mantelos nas súas casas e tan só lles poñen atrancos, pois por exemplo, para facer un simple alpendre onde gardar os seus coches ou onde meter a leña que consome o inverno alongado do noso padecer, sinxelamente estálles prohibido e despois din que todos somos iguales nesta democracia.

Razoábame o meu amigo parroquiano, dicíndome que nesta pequena demarcación xeográfica somente había cinco leiteiros e noventa casas habitadas con xentes que vivían de oficios variados, pero que os leiteiros vivían mellor por ser pensionados da Comunidade Económica Europea, do Goberno de Madrid, da Xunta de Galicia e tamén dos Concellos. Todo está pensado para eles, -dicíame-, “poden pedir o que queiran, e as subvencións chegan a todo: ás vacas, ao leite, ás terras, ao millo, ao trigo, aos tractores . . . e a nós pola contra grávannos con todo canto fagamos en beneficio sempre dos leiteiros, desde a concentración parcelaria ata a edificación, a apertura de camiños ou a contribución, entre outras, porque o pensamento dos dirixentes está anquilosado e perdido” polo branco opaco do líquido que hoxe por hoxe manda no resto dos habitantes do rural: o leite, e non vai tardar, -dicíame-, en que os noventa veciños protestemos por manter os nosos dereitos que os dirixentes acalan e silencian, ata tal punto, que non saben da nosa existencia, e se o saben, amordázannos e enmudécennos, e por iso, relatábame, temos que protestar pola desigualdade ante a lei, sen ir máis lonxe, da edificación.

Eu tratei de calmarlle os ánimos de estampida do rural ao meu amigo, pero véxoo moi seguro nos seus pensamentos e nas súas verbas. Se de algo vale, direille aos políticos que o meu amigo ten parte de razón nos seus pensamentos, a lei debe ser igual para todos.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES