Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ódegas para o viño

viernes, 27 de julio de 2018
Sopas de cabalo canso

Dádeme
sopas de cabalo canso,
pan mollado no sangue
do conforto e do alento.
Quero beber
do cáliz da Galicia destemida,
do sangue da terra
que nos percorre as entrañas
antes ca relixión,
antes co antes:
Viño e pan,
trigo e contento,
uvas e centeo,
sede e mantenta.

Mencía

Se me levardes a Chantada, amigo,
beber-hei do seu viño,
paxaro tinto da alborada
coas súas ás emplumadas en vermello
de carmesí veludado;
beber-hei do seu viño:
fermoso, profundo coma o río,
escuro coma a alma misteriosa dos fondos,
acedo e mordaz crítico
coma terra retranqueira que o leva e o eleva,
que o estrulla e o fermenta.
Perfume que tangue o badal das campás dos adentros
e en brisas de cabalos alados agrestes
pace flores salvaxes
e remoe nas bancadas taninas
de cervos en boca suave e redonda.
Uva máxica e sagrada
da ribeira do Miño.
Socalco que me leva e me convida.
Menciña dos adentros.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania