5. Guntín de Pallares, San Salvador de
5.1. Cruz da Igrexa Antiga
X= 606. 918 Y= 4.749.102
Colocada preto da igrexa vella de Guntín.
Está composta dos seguintes elementos:
Sobre un pedestal de cachotería roto erguese unha base paralelepípeda irregular, sobre a que se levanta unha cruz latina, alongada noi eixo horizontal. En ámbolos dous eixos (brazos) amosa unha sección cuadrangular nos seus extremos e oitavada no resto. Os extremos do eixo horizontal mostran uns ornamentos en apariencia redondeados mais deteriorados. Pola contra, o extremo superior do eixo vertical presenta un ornamento de cantería, que remata nunha pequena estrutura piramidal.
6. Ourol, San Xulián de
6.1. Cruz de Ourol
X= 613.041 Y= 4.747.148.
Está situada nun campo preto da igrexa parroquial. Dominio público. Denantes a cruz era de madeira mais tiña, como na actualidade, a plataforma e base de cantería. Debido ao deterioro da cruz, os membros da comunidade parroquial mandaron construír unha de ferro ao ferreiro da parroquia Antonio Rodríguez. A cruz consta dos seguintes corpos:
Unha plataforma de estrutura troncopiramidal con tres chanzos graniticos, que amosan dous niveis: un nivel inferior, de forma paralelepípeda; e outro superior, máis extenso e, tamén, de forma paralelepípeda.
Unha base composta de dous tramos: o inferior, de forma paralelepípedada; e o superior, pequeno, tendente á troncopiramidalidade.
Sobre a base érguese unha cruz de ferro, latina, de dobre trazo e transparente, con dous eixos: o vertical, máis alongado, e con ornamentos cruciformes, e o horizontal. Os extremos do eixo horizontal e a parte superior do eixo vertical son do tipo de cruz lanceolada.

Na actualidade o terceiro domingo do mes de Xullo, festividade da Santa Isabel, a procesión circunvala a cruz.
6.2. Cruz interior da Casa de Pardo.
X= 612.813 Y= 4.747.613.
Nun dintel interior de canteria dunha porta da casa hai esculpida unha cruz.
Esta amosa os seguintes trazos: é latina, de cantería, e de sección cuadrangular. A parte inferior do eixo vertical e de forma troncopiramidal. A ambos lados da intersección dos eixos vertical e transversal lese a seguinte inscrición; no lado dereito, 1789; no lado esquerdo, IHS. O ano indica a data na que se construíu unha parte da casa.
7. Pradeda, Santa Eulalia de.
7.1. Cruz do pozo
X= 609.443 Y= 4.751.850
Está situada no lugar de O Pozo, parroquia de Santa Eulalia de Pradeda.
Foi construída hai un ano por Xavier Morenxo, de Prógalo (Lugo). E de dominio privado, xa que pertence a Casa de María.
Está composta dunha plataforma de dous chanzos de pizarra, que serve de soporte a unha cruz latina, monolítica, de cantería e de amplas dimensións; o seu eixo perpendicular é moi pronunciado; ademais está introducido un metro no chan.