Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos os Caídos

viernes, 19 de octubre de 2007
Moitas das nosas igrexas mostraban hai anos nas súas fachadas lápidas, cruces, cadros cunha serie de nomes dos que caeran “por Deus e por España” na infausta guerra que nos anos trinta fixo arder o corpo e a alma deste país.

Lóxicamente, segundo as crenzas e filosofía imperantes, nestes lugares de honra, expostos á homenaxe xeral, estaban somente as víctimas dun bando, do vencedor, do que tiña o apoio do exército rebelde, da Igrexa oficial, e aparentemente da inmensa maioría dos galegos.

O tempo, que acaba situando as cousas no seu lugar aínda que algunhas demasiado tarde, foi facendo desaparecer estas ostensibles mostras de separación en dous bandos do mundo do noso contorno, e aínda que os Caídos seguían sendo os dun determinado bando, fomos escoitando, coñecendo, a outra verdade, tan merecedora de ser escoitada e comprendida como a que durante tanto tempo foi a única.

No Congreso dos Deputados ven de aprobarse a Lei da Memoria Histórica, e un tema no que todos os grupos estiveron de acordo foi o de despolitizar o “Valle de los Caídos”, no que desde agora serán honrados todos, dun e doutro bando, españois todos que morreron na defensa das súas ideas, moitos sen saber por que.

O mesmo terá que pasar nas nosas igrexas, das que deberán desaparecer todas esas lápidas ou, no caso de que se queiran conservar, nelas tamén deberán figurar os que caeron na defensa das súas crenzas, aínda que fosen contrapostas coas de outros que ata agora figuraron.

Todos os mortos son víctimas dun tempo, dunha situación, da barbarie, da rebelión, da sen razón. Todos merecen o mesmo trato de igualdade

Desde agora, os Caídos serán todos. Dun e doutro lado. Xa está ben de separación, aínda despois da morte dos que defenderon os seus ideais con maior ou menor fortuna pero entregando a vida que é o máximo que o ser humano pode dar. Honra ós Caídos da nosa Gran Guerra. E que o seu sangue sexa o último derramado por este País.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania