Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pardiñas 2018

miércoles, 01 de agosto de 2018
Un ano máis (e van 39!) volve Pardiñas a acollernos como matria identitaria. O vindeiro venres, sábado e domingo os que sentimos Galicia como esa “nai velliña e soñadora” temos unha cita na irmandade máis fonda. Esa irmandade que anega de cultura xeracións enteiras para trascendelas bogando o mar da eternidade.

Pardiñas é moito máis que unha festa. Pardiñas é unha forma de ser e estar no mundo. Un deleite de autenticidade que nos fai mirar novamente no espello da autoestima para enumerar todas as capacidades que pregoan o noso xenio. Artesáns da madeira, do coiro, da pintura, artistas culinarios vendendo o seu produto 100% ecolóxico, zoqueiros... etc. Comparten leira para ofrecernos cousas que só se atopan en lugares especiais como Pardiñas.

Agárdannos días de camaradaría en Pardiñas, días de apertas e reencontros programados no berce estival, días de pouco sono e moitos soños que teñen agromado en proxectos literarios e musicais porque, despois de tantos anos, está empiricamente demostrado que Pardiñas une, tece e fía, sendo a estación de partida e de chegada para a creatividade.

Pardiñas é un espazo alternativo que, a través da cultura, fai medrar o país. Un espazo progresista como a súa alma máter Alfonso Blanco Torrado que neste 2018 ficará para sempre perenne no Paseo dos Soños de Vilalba.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES