Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mar e o meu corazón

viernes, 27 de julio de 2018
Nunca escribín do mar e, sen embargo, o mar vive na miña cerna coma un verme que roe no corazón. Isa miñoca, pan de peixe, que non repara na dor de ser cadaleito de moitos amigos. Porque có mar teño sentimentos encontrados: por unha banda agradezo que sexa esa enorme leira que aran os barcos na procura do pan para os fillos; e por otra, é para mín ise fero inimigo que me roubou tanta xente benquerida.

Porque eu nacín no mar de Viveiro e crieime nisa Praia de Covas tan querida como aldraxada. Porque os meus amigos sempre foron xente de mar: Meiriño, Riquipoli, O Patiña, Xuxo do Berecho, O Catalino de Burela… ¡Tántos que non teño números!

E aqueles mariñeiros tamén me deron de comer cando no seu lecer disfrutaban da vida no bar dos meus pais. Ser agradecido é un homenaxe á memoria e á súa xenerosidade.

Por iso o mar sempre foi da familia. Algo tan querido que un non o bota de menos ata que se decata que lle falta o sal, isa brisa que reconforta o corpo e agarima a ialma.

Ises Castelos onde xurou amor eterno á súaMuller. Isa virxen do Carmen a quen iste ano preguei no Grove. Porque o mar sempre é o mesmo: no Grove, en Celeiro, no Gran Sol, en Namibia ou no Indico. Eu, que sempre falo de soñar e vivo niste etéreo barco, aprendín na Praia o realismo da vida: a miña primeira experiencia coa morte foi cando atopei a un náufrago entre algas e cangrexos. ¿Sería o pobre Amador da canción? Non, era un ser anónimo, sabe Deus de dónde e canta dor deixou trais il. E chorei coma neno que era, e coa galerna, e en moitas ocasións en que, ise cabrón do mar fixo desmesta entre tantos conocidos.

Ben é certo que me amaina e me abrangue cando a miña desesperación necesita comprensión. Porque calquera pode ver o medo nos ollos e o alcohol como salta parapetos.

Porque necesito dil cando vexo a criaturas solas soñando coa arribada dos seus pais, cando atopo as viudas de Castelao sendo tentadas por desgraciados lobicans…entón o mar agarímame e pídeme perdón e prométeme ser bó e xeneroso, como di o noso himno, e traeme recordos daqueles que levou e cóntame que están disfrutando no Alén de todas aquelas cousas que acó soñaron. E dime que iso é a esperanza.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES