Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feliz Día de Galicia

miércoles, 25 de julio de 2018
Feliz Dia de Galicia!. E xa está. Decimos isto, e cumprimos. Pero detrás do día de hoxe, detrás da expresión “Día de Galicia” hai un especial trasfondo que cada quen interpreta á súa maneira.

Para moitos, hoxe é o Día da Patria Galega, do mesmo que para moitos é simplemente a festa do patrón de España e de Galicia. Para falar de Galicia, temos que mirar cara atrás e acudir á Letanía de Galicia de Uxío Nonoveyra, que en tempos escuros proclamaba “Galicia digo eu; un dí Galicia / Galicia decimos todos; Galicia / hastra os que calan din Galicia / e saben, sabemos…”, e logo falaba da Galiza da dor, que choraba á forza; da tristura, triste á forza; do silencio, calada á forza; da fame, emigrante á forza; vendada, cega á forza; tapeada, xorda á forza; atrelada, queda á forza.

A Letanía de Novoneyra, prohibida en tempos, sempre en vigor, como denuncia ou lembranza, remataba proclamando “sabemos que ti podes ser outra cousa; sabemos que o home pode ser outra cousa”.

Os maiores, vivimos unha longa transición, tamén transición galega, e da Galicia das prohibicións pasamos, no decurso do tempo, á Galicia das liberdades, pero co costume de facer festa das datas importantes, facer hoxe festa de Galicia pode facernos esquecer o espíritu que ten que animarnos como membros dunha comunidade especial que os romanos fixaron no fin do mundo, os nosos devanceiros vivírona como plataforma para voar cara a emigración, e os galegos de hoxe –sempre conscientes dun desenvolvemento nunca superado- podemos confundir cun lugar case paraíso destinado a acoller turismo e ser o remate de todos os camiños a Compostela.

Por iso, cando hoxe dicimos Feliz día de Galicia queremos decir Feliz día da terra, da Patria grande ou pequena, do marco da nosa vida, do lugar que nos sostén e que case deixamos morrer de inanición poboacional. Feliz Día de Galicia será, se os galegos nos paramos a pensar qué somos, de onde vimos… se cada un de nós dedica un minuto a pensar na historia, nas lendas, na traxectoria, no destino, no futuro como pobo, que a fin de contas é o futuro de cada un de nós. Feliz Día de Galicia consciente, Feliz día de todos os galegos. Feliz futuro para todos.
GaliciaDigital
GaliciaDigital


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES