Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (6)

jueves, 26 de julio de 2018
D. Cruces complexas e relevantes
1. Castelo de Pallares (San Salvador)
1.1. Cruz de Pallares


Está situada no adro da igrexa parroquial. Consta das seguintes partes dispostas nunha orde ascendente:
Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (6)Unha plataforma de estrutura troncopiramidal, formada por tres chanzos cun dobre nivel: o superior, maís extenso e estreito que o inferior; o chanzo superior está deteriorado nunha das súas caras.
Unha base de dous tramos: o superior, formado por unha pequena estrutura paralelepípeda; e o inferior, por unha media cana (moldura cóncava); esta parte está rota nunha das súas caras.
Unha cruz de sección cuadrangular no extremo superior dos brazos horizontal e vertical, e oitavada no resto; na intersección dos brazos hai unha pequena cruz latina acanalada na cara que da a fachada da igrexa.

2. Entrambasaugas, Santiago de.
2.1. Cruces do “Lugar dos cruceiros”

Imos falar da primeira cruz, que encontramos indo do núcleo básico da parroquia de Entrambasaugas (Eirexe), a nivel de hábitat, de cara ao lugar dos Cruceiros.

2.1.1. Trátase dunha cruz rústica, latina, de cantería, alongada no eixo vertical, de amplas dimensións. Ten como sostén unha plataforma de tres chanzos de cachotería pizarrosos, deteriorados agás o superior. Os extremos dos brazos están ornamentados cunhas formas semiesféricas. Dominio público. Século XVIII. X= 605.939. Y= 4.751.782.

2.1.2. A segunda cruz, que se encontra moi preto, tamén é latina, granítica, alongada no eixo vertical. O eixo horizontal é moi curto, e amosa na súa estrutura importantes deterioros. Usa como soporte unha plataforma, que amosa unha dobre estrutura paralelepípeda de carácter irregular. De dominio público. Século XVIII. X= 605.994 Y= 4.751.776.
Antano as procesións, que saían da igrexa de Entrambasaugas chegaban ata este lugar. Na actualidade, o primeiro domingo do mes de agosto –festividade do Santiago apóstolo nesta parroquia- a procesión circunvala o cruceiro que hai preto á igrexa. “Outros dous no lugar dos Cruceiros, ata onde adoitaban chegar as procesións, de comezos do século XVIII”.

3. Ferreira de Pallares, Santa María de
3.1. Cruz de Ferreira de Pallares

X= 607.836 Y= 4.648.473.
Cruz damplas dimensións, que está emprazada na praza de Ferreira e preto do convento benedictino. Denantes de construirse a pequena praza, estaba colocada diante da Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (6)entrada á igrexa e ao cemiterio. Esta composta dos seguintes corpos:
Unha plataforma de estrutura troncopiramidal, que presenta catro chanzos: o inferior, de cachotería está deteriorado por un dos seus lados; os outros son graníticos.
Unha base monolítica formada polos seguintes tramos nunha orde ascendente: un primeiro tramo paralelepípedo; outro, tamén paralelepípedo mais de menor extensión, e coas arestas superiores redondeadas; o seguinte formado por unha moldura cóncava en “escocia”, que mostra como elemento decorativo unha voluta en cada unha das súas caras; finalmente, o tramo superior é igualmente paralelepípedo mais cos bordos superiores redondeados.
A base serve de apoio a unha cruz latina, de sección cuadrangular nos seus extremos -e dun xeito preferente no extremo inferior do eixo horizontal- e oitavada no resto. Os extremos dos brazos da cruz son potenzados. E de amplas dimensións, co eixo vertical moi alongado.
O primeiro domingo de Outono, festividade da Virxe do Rosario, a procesión da a volta ó redor da cruz.

4. Francos (San Salvador de)
4.1. Cruz de Leboriz

Hai uns 60 anos, morreu por un raio Aurita Ares Rodríguez. Pasado un tempo, o mozo co que andaba colocoulle unha cruz de cemento nos lindeiros dunha finca, onde ocurrira o suceso. Hai uns dous anos, Alcide López Mazaira, colocou a cruz, que estaba tirada, no valado da súa finca. Polo tanto, na actualidade a cruz esta nunha finca da “Casa de Rosende”. X= 615.839 Y= 4.744.892.
A nivel artístico, trátase dunha cruz latina, de cemento, acanalada námbolos dous brazos do lado Sw., e que ademais os extremos dos seus brazos rematan nun tipo de cruz lanceolada. Por outra banda, na intersección dos seus brazos hai un corpo esférico, que amosa na súa parte externa un ornato dentado. No lado Sw., houbo unha pequena imaxe sacra, hoxe desaparecida.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES