Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Caminos y Caminantes

jueves, 18 de octubre de 2007
Hai uns días tivemos a gozosa oportunidade de asistir a un acto entrañable no que se presentaba un novo libro referido á nosa bisbarra; o seu título, ben expresivo, “Caminos y Caminantes de A Mariña”.

Foi en San Cosme de Barreiros, o día que a vila veciña e amiga vivía o balbordo da xornada grande das festas do seu patrono, feito que nos trouxo á lembranza tantos días de viño e rosas da nosa lonxana mocidade compartidos cos veciños da outra beira dunha ría que non separa, senon que une a ámbolos pobos. Por aqueles tempos San Cosme era a localidade posiblemente mais festexeira do toda A Mariña: celebraba, ademais das patronais, as festas do Santo Estebo, San Isidro, San Antonio, San Roque, San Bartolo e Santa Isabel…

O autor do libro é un barreirense ilustre, e os seus relatos reflicten un fondo coñecemento da súa terra e un amor á mesma e ás súas xentes, sempre declarado e nunca desmentido.

Ó longo das súas duascentas páxinas, ilustradas con mais de trinta fotografías a todo color, Jesús Otero Pérez lévanos da man da súa prosa brillante e concisa, coa que expresa a quintaesencia das sensacións, na que ás veces un só adxetivo val por toda unha frase retórica, para percorrer cada un dos pobos da nosa bisbarra nunha descripción amable pero auténtica; lugares, paisaxes, sombras, ventos e brisas, as árbores, os ríos, as paisaxes mariñas, o mundo rural; todo, en fin, canto conforma o medio xeofísico e humano que enmarca as vidas das nosas xentes. que o autor, hoxe dende a atalaia dunha vellez lúcida e pletórica de satisfaccións anímicas, nos ofrece nestes reconfortantes relatos: eses son os Camiños.

O autor dedica á nosa vila e ó seu entorno fermosos parágrafos, coma éstes: “El Masma va bebiendo afluentes en su feliz discurrir. En su camino hacia la mar cantábrica va mostrando los mejores impulsos fortalecedores del arte de andar y ver, de interpretar bien su papel de alimentador de la feracidad de las parcelas ribereñas y del don de repartir belleza y poesía en toda la línea de directa influencia hasta el punto clave de la generosa entrega de sus dulces aguas al imperio de la salinidad del mar en el área amplia de su ría. Su ría de Foz”.

Preto dun cento de “Caminantes” desfilan por esta galería de mariñáns. Son xentes unhas mais ou menos coñecidas, porque ó longo das súas vidas acadaron renome xa que destacaron, ou destacan, en diversas facetas: intelectuais, artistas plásticos, xornalistas, médicos, historiadores, enxeñeiros, etc...

Pero sobre todo o relator presta atención ás xentes do común; a aquelas que dende o anonimato foron decisivas no desarrollo social, cultural e económico da bisbarra. Persoas, moitas delas sen apenas preparación, pero con unha intelixencia natural, vontade de ferro, ilusionadas, que as levou mesmo a inventar trebellos que lles facilitaran o seu duro traballo, entregadas con esforzo e amor ó cultivo das súas terras e que, ás veces, se embarcaban en empresas para as que difícilmente atopaban saída, en tan míseros tempos. Seres sociais, solidarios e xenerosos, que nesas actitudes encontraban o vieiro que lles permitía paliar tantas carencias; xentes, algunhas delas de alma poética que pola noite, á lus do candil pretiño da lareira, versificaban as súas angurias ou escribían os seus versos virxilianos, espontáneos, cantando os engados dunhas terras que tanto sacrificio lles reclamaban; poemas a unha vida sinxela, bucólica: “toda humilde beleza me namora”, que dixera Noriega.

En fin, neste novo libro Jesús Otero Pérez, Suso do Siñeiro, verque unha vez mais a súa desbordante humanidade; toda unha fermosa lección que agradecemos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES