Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acoplar a solidariedade á vida pública

miércoles, 25 de julio de 2018
Ocórreseme hoxe facer unha reflexión sobre a necesidade de delimitar o espazo da solidariedade para que non serva de instrumento para eludir accións que teñen que ser feitas e garantidas por dereito e gubernamentalmente. Neste sentido, defendín tempo atrás a profesionalización do técnico de atención a persoas en situación de dependencia que, para mín, debería ser técnico de promoción da autonomía persoal.

O que quero dicir é que é imprescindible que existan profesións destinadas a axudar a persoas en situacións de vulnerabilidade e que sexan profesións porque a vida das persoas non pode depender do altruismo da sociedade.

É necesario un desenvolvemento total do terceiro sector, de xeito que se converta nun piar intocable para a sociedade, intocable porque toda a sociedade é usuaria potencial do terceiro sector. Entón, é necesario definir as accións imprescindibles para desenvolver unha vida digna e profesionalizalas de xeito que aseguremos a plena inclusión en todos os eidos da existencia.

A semana pasada falábamos dun programa inglés de persoas con diversidade funcional á procura dunha cita. Hoxe quero recuncar no feito de que a maioría dos participantes xa tiñan un traballo e unha vida autónoma cada quen dentro das súas posibilidades. Pois ben, un terceiro sector forte e intocable contribúe sen dúbida a forxar un benestar global. Unha vez forxado este benestar, poderemos definir accións de voluntariado que constribúan a fortalecelo. Non en tanto, precisamos unha estructura sólida que sexa garante a longo prazo do acceso á sociedade en igualdade de condicións á vida pública. Isto significa, máis alá de garantir, promover de xeito explícito o acceso á educación, sanidade e servizos sociais de xeito universal, asumindo o estado a responsabilidade do benestar pleno da persoa.

A partir de aquí, poderemos falar da incorporación do voluntariado e de accións de inclusión social, tendentes a facer posible todas as autorrealizacións que serán doadas á sociedade a xeito de legado.

Sen dereitos asegurados é imposible avanzar cara a un porvir que ten que ser inclusivo porque senón ten moi dificil ser...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES