Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Rede, sempre en vangarda

jueves, 18 de octubre de 2007
Internet é o futuro, pero tamén o presente. Internet é a nosa bandeira. Somos abandeirados de Internet.

Calquera cousa que pase en Internet, aféctanos. E das cousas boas debemos gabarnos, e das cousas malas aprender, porque todo axuda a avanzar.

Onte, Onda Cero dedicou unha hora do seu programa de ámbito estatal “Herrera en la Onda” a falar de experiencias en relación con Internet, especialmente sobre relacións amorosas. Poñíase de manifesto a excelencia da canle, a súa posibilidade de comunicar, as consecuencias do seu uso indebido, e os problemas derivados da súa utilización de xeito incontrolado.

En tanto, un xulgado de Pontevedra desarticulaba unha rede nacional de pederastia pola Rede, na que están implicados varios galegos, e que supón unha das máis amplas operacións que ata agora se teñen dado.

Aprendamos, unha vez máis. O vehículo de comunicación é excelente, as súas posibilidades son infinitas, os resultados da correcta utilización son prácticamente perfectos.

Claro que todas esas vantaxes se poden usar incorrectamente, posen usarse para o abuso e aínda para delinquir. Os resultados, en base ás extraordinarias capacidades, son tamén extraordinarios. E afortunadamente, nesto as Administracións están avanzando de xeito moi notable para evitar que a incorrección, o delito, leve dianteira en relación co seu control e castigo.

A Rede, sempre en vangarda, tamén nas infraccións. Pero tamén, afortunadamente, no coñecemento da situación e no remedio das infraccións delictivas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES