A brecha salarial
Feijoo, Arán - miércoles, 25 de julio de 2018
Esta semana lin un artigo onde se falaba dos salarios medios en España, é evidente que os salarios a pesar da ligerísima subida do 2% seguen á baixa. A franxa salarial para os menores de vinte anos é de 8369,57, é dicir de menos de 600 mensuais. Tamén é certo que un menor de vinte anos que estea a traballar realízao en traballos escasamente cualificados e por tanto mal pagos por definición.
Dos 20 aos 24 anos o salario medio en España é de 12.641 , é dicir duns escasos 1000 mensuais con pagas extras incluídas. Desde ese momento o salario medio vaise incrementando ata a franxa de 65 anos onde alcanza os 30.000.
Somos na actualidade un país de funcionarios e pensionistas. Onde como xa escribín noutro artigo a poboación activa inmersa en relación nesas labores é de menos do vinte e cinco por cento. Mira ao teu arredor, querido lector, e conta da xente que che rodea cuantos son pensionistas, cuantos traballan na función pública e cuantos non traballan ou infra traballan. Poderiamos dicir que realmente un de cada catro.
O mercado laboral está saturado de falsos autónomos, e os traballadores por conta allea realmente escasean. Fálase moito na actualidade da brecha salarial entre homes e mulleres, un tema importante non cabe dúbida. Con todo o que realmente preocupa é a falta de traballadores que coticen ao sistema de seguridade social. Un 25% do total. O resto cobran do traballo dese 25%.
Dise que o mercado laboral está a captar novos traballadores, máis ben querido lector o que está a facer é dividir os postos de traballo por dous, é dicir por un soldo agora empréganse a dous traballadores. Realmente non hai un aumento de traballadores senón un abaratamento dos mesmos polo cal polo prezo dun téñense dous.
Non nos chamemos a engano: a situación non é crítica nin moito menos pero achégase o 2020, o fin dos estímulos esta aquí e desde a miña posición non vexo unha melloría substancial da situación senón tan só unha expectativa aderezada por moita festa e payasadas varias.
A ver qué pasa.

Feijoo, Arán
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora