Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desconocida premio Nobel

viernes, 10 de agosto de 2018
O tempo vai tan rápido que o novo Nobel de Literatura apenas dará tempo a dixerir o anterior, o da escritora bielorrusa que escribe como se fora xornalista, e resulta que é periodista.

Nas mans 'Voces de Chernóbil', e a vista esvara ata a autora Svetlana Alexiévich. Chernóbil é nome envelenado de radioactividade para sempre. Páxina a páxina coloca o puzle de voces para tentar comprender que pasou na central nuclear, onde átomos e verdade foron tapados por un inmenso sarcófago de formigón e mentiras.

A xornalista ofrece un retrato moi crítico da Unión Soviética e a herdanza que deixou en cidadáns entregados á patria utópica, desesperanzada hoxe ante conversión de dirixentes en plutócratas do capitalismo máis desapiadado.

O talante da escritora, que pasa desapercibida e non pode pasar desapercibida polo compromiso cos que sofren tanta dor, aparece noutros libros como 'La guerra no tiene rostro de mujer'. Ou a falsa visión da muller na retagarda: a vida sen homes, maridos, fillos, bágoas de despedidas e reencontros, mortes e perdas, a reconstrucción penosa das mulleres que quedan atrás soportando os golpes. Non foi así. As mulleres tamén combateron contra a besta do nazismo: oficiais e muleiras, francotiradoras e enfermeiras, radiotelegrafistas e tanquistas. Morrer e matar. Non hai épica nas violacións, a fame, as ratas, o tiro na nuca, o asasinato de nenos. En todo iso a escritora bielorrusa vai poñendo gotas de amor, compaixón, tenrura: non todo está perdido.

Duros de ler e dixerir, hai que espaciar os libros desta muller. Porque despois chegan 'Los muchachos de zinc', outro calidoscopio desgarrador sobre a guerra de Afganistán. Máis de medio millón de homes e mulleres conducidos ata o inferno pola xerontocracia presidida por Breznev. Dez anos cargados de mentiras e mortos. 'Vin desde o aire centenares de ataúdes de zinc brillantes baixo o sol, algo bonito e terrorífico'. Eses ataúdes eran invisibles cando se enterraban en secreto nos cemiterios. Derrota e humillación final contada polas voces de 70 supervivintes e as nais. Resulta curioso que a victoria dos muhaidin foi posible grazas á axuda de Occidente e países árabes ricos. Xuntos alumbraron a ameaza actual que paraliza co medo o mundo enteiro.

O último libro nas mans é sobre os nenos na II Guerra Mundial. A gran patria soviética desnuda e aterradora na voz a algúns dos supervivintes dos case trece millóns de nenos mortos entre 1941-1945. 'Últimos testigos' mostra as voces, a dimensión humana daquelas nenas hoxe mulleres, dos nenos agora homes. Seres pequenos diante dos grandes acontecimentos da historia que só a morte, a dor e a traxedia fai grandes. Eles protagonizan os libros desta escritora pouco coñecida pero empeñada en que ninguén lles roube a esperanza.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania