Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Arden las redes'

viernes, 27 de julio de 2018
O libro de Soto Ivars evoca mar groxa máis que navegación apacible. Arden as redes. Trending topics. Boicot a un cineasta, a unha revista satírica ou eses terribles 'pásalo!'. Un caudal incontrolable de opinións, fotos, memes. O insulto é rápido e audaz e as ofensas acobardan as ideas. Pululan os haters. E os prohibicionistas, comisarios políticos da democracia, gardiáns da súa moral que en primeira persona do plural falan en nome do pobo. Mesmo atrevéronse contra os clásicos: escolas USA prohibiron 'Huckelberry' Finn ou 'Matar un ruiseñor', cantos á tolerancia. No far west das redes corren ventos de liberdade e abondan árbores do aforcado.

Ao silencio sucede o ruído. Ao trazo fino das ideas, a brocha gorda dos berros, o ferver da indignación. Na xigantesca feira menudean farsantes. Funcionarios do odio nas sombras son un perigo para as democracias.

Múltiples voces únense en manadas desapiadadas, como forma de control social. O problema é cando os bandos se transforman en bandas e marcan aos disidentes co ferro das etiquetas de machista, nazi, fascista. E como en toda guerra hai vencedores e perdedores: os escándalos inflan o número de visitas.

As redes sociais son unha mina para asesores dos partidos hexemónicos ameazados por xente nova en partidos novos, ilusionados pero despreocupados polo seu pasado nas redes. A cacería política, a máquina de fango descrita por Umberto Eco funciona a pleno rendimento. Paraíso, campo de batalla de gnomos e trolls, elfos e haters. Tuiteros que dictan sentencia. O anonimato envalentona e lanza ás redes a rabia que antes non sía da casa.

Polas redes circulan a igual velocidade noticias, verdades e posverdades, medias mentiras e fakes. Casos mediáticos incendian as redes. O ollo do Gran Irmán vixía. O ambiente de sospeita multiplícase nos grupos de presión. Agora a censura non vén do poder: dispara desde o lado en mans de miles de anónimos censores. Ábrese paso de xeito sibilino non por prohibición, senón por inundación. O medo alimenta a autocensura dos que calan para non meterse en líos e non estar na diana. Ao final a corrección política fainos menos libres. Pensamos con pés de la. Cada bando impón liñas vermellas que xibarizan a libertade de expresión dos outros.

O que se afasta da ortodoxia pode ser obxecto de cacería mediática. Vivimos nunha sociedade artificialmente fragmentada polo que as redes dicían unir: unha guerra de todos contra todos onde desaparece o único necesario para convivir: a tolerancia. Ou para facer política: o consenso. Sen elas, só queda verquer queroseno. E incendiar as redes.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES