Empate técnico
Editorial - miércoles, 17 de octubre de 2007
Estamos en época preelectoral case permanente, e neste momento a próxima celebración dos comicios xerais invade toda a vida política, todas as institucións, e as respiracións dos políticos teñen un cheiro electoral detectable polos menos avisados.
Véndesenos a idea do empate técnico, que quererá decir que a escala Estado español os dous primeiros partidos van obter un resultado moi parecido sen que debamos esperar demasiadas fluctuacións.
Segundo que medio xeral facilite a información, o PSOE levaralle cinco puntos de vantaxe ó PP, ou o PP estará rozando en posibilidades as mesmas que se lle adjudican ó partido agora gobernante.
Esa igualdade despois de case catro anos do goberno do PSOE pode ser un pouco descorazonadora para o PP por non ter logrado coa súa oposición abrir unha brecha seria no aparato socialista, pero o mesmo ou máis descorazonadora ten que ser para o partido no Goberno por non ter sabido vender mellor as súas realizacións que as ten como todo goberno dun país coma o noso.
O empate técnico non é boa noticia para o conxunto dos cidadáns, porque significa que o partido que consiga máis votos vai precisar de máis apoios para poder gobernar, porque tamén entendemos que o que teña máis votos vai ser o encargado de formar goberno.
O PSOE sempre atopa aliados afíns á súa política. Non así o PP, que non ten forzas nas que apoiarse para levar adiante un programa de goberno, debendo gobernar en solitario.
Certo que un empate técnico agora, a cinco meses das eleccións, ten aínda por diante moitas posibles alteracións, segundo a partir de agora camiñen a economía, o social, a política, o país.
Agárdannos tempos axitados. E como nun encontro deportivo, hai que buscar o desempate, aínda que sexa técnico. Xoguemos, que nos vai moito nesta competición. E un empate non nos vale.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora