Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lección de paz e penitencia

lunes, 16 de julio de 2018
Botando o pensamento para atrás, a semana pasada, para un servidor, non é que deixase moitas novas dignas de mención. Así, sen parar mentes, só me sae a morte, ós 100 anos, do primeiro presidente da Xunta de Galicia, don Gerardo Fernández Albor, que en paz descanse, e a salvación, por fin!, dos nenos tailandeses. Porque, claro, falar do Mundial xa non procede; e non só porque rematase, senón porque xa falei abondo noutros relatiños e nas redes sociais. Así é que, non habendo moito, déuseme por buscar nos meus papeis e atopeime cunha noticia que tamén me fixo trasladar o pensamento para tempos pasados.
Lección de paz e penitencia
A noticia, en concreto, asomou nun xornal galego o 11 de setembro de 1913 e facía referencia á lección dun home sobre uns “señoritos”. No santuario dos Milagres, en Baños de Molgas, un mozo duns 28 anos, que seica estaba potente, robusto e que respiraba saúde por cada poro da súa pel, axeonllouse á entrada do Santuario e, de xeonllos, seguiu en dirección á igrexa. Como se lle vía na cara que padecía abondo (digo eu que pola penitencia e pola dor nos xeonllos), un cabaleiro aproximouse e ofreceuse a levalo da man, algo que o mozo aceptou axiña e agradecendo o detalle. A ver!, desa maneira era máis fácil de cumprir a promesa.

Pero cando chegaron á entrada do atrio, asomaron por alí catro paspáns, catro pasmóns vestidos de señoritos, que ó ver a aquel rapazolo de xeonllos, non fixeron outra cousa que botarse a rir. O labrego, sen andar con días santos (por moi sagrado que fose o lugar), ergueu e repartiu moi sinxelamente, coma quen non quere a cousa, catro labazadas que deixou ós papaleisón coa vergonza cubríndolles o rostro. O penitente deixouse caer de novo de xeonllos e seguiu o seu camiño para prostrarse ós pés da Santiña do Medo. Imaxino que ante a imaxe bendita soltaría aquilo de: aquí paz e despois gloria. A paz impartiuna el aínda que fose polas bravas e a gloria seguro que lle chegou tan axiña como lle suplicase á Santiña pola súa penitencia. É esta a tal como para non contentar ós seus peregrinos. Con todo o que lle queremos. Na miña infancia e na adolescencia aínda vin a moitos peregrinos facendo ese percorrido de xeonllos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES