Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A guerra de Ifni (10)

martes, 17 de julio de 2018
¿Tíranse ou tíranos?

A guerra de Ifni (10)
- ¿Papá, po que se tiran los paracas?
Contesteille: “... porque lles apetece!”. ¿Que outra cousa lle podía explicar a un neno? (Foto 1).

Na segunda fotografía, paracaidistas ocupando posicións defensivas en torno a Sidi Ifni.
Un dos soldados, Alfredo Prieto Villota, leva o mosquetón 'Mouser' mentres que o outro serve o fusil ametrallador FAO (Fábrica de Armas de Oviedo).

Na Foto 3:
¿Que tal saben as “píldoras de Negrín” estando tranquilos, detrás dun muro?.

Foto4:
- ¿Onde están os avións de 'Préstamo y Arriendo'?
- ¡Nas Bases Americanas, porque o Tío Sam non lle deu permiso a Don Hermenegildo para utilizalos contra Marrocos! Daquela...
- Junquers, do 36, dos da guerra de España!.

Na 5ª fotografía:
os sobreviventes acoden a rezar polos compañeiros idos!

-.-


Na Península sóubose do “ataque” pola “Pirenaica”, iso en canto ao pobo raso, pero don Hermenegildo xa o soubo cando lle comunicaron aquilo do chivato.

Mandou requisar camións e, circunvalando Madrid, que embarcase para Marrocos, en tódolos avións dispoñibles, a súa querida garda... ¡antes de que os madrileños organizasen un novo 2 de Maio!

Como os nosos avionciños eran de pouco aguante, os aviadores encargados de levar bombas e persoal para a guerra de Ifni cargaron bidóns de nafta..., para ir engadindo combustible..., sobre da marcha!

Tamén reaccionaron os artistas, en particular Carmen Sevilla (fotos 6 e 7), Elder Barber (foto 8) e Gila (foto 9).A guerra de Ifni (10)

De Carmen Sevilla teño que referir unha anécdota; e que ela me perdoe se me portei mal...; ¿mal, ou demasiado ben?

-Día da Noite Vella do ano 1957. Coa muller evacuada (nun avión militar, daqueles que nos levaban metralla e, de paso, munición de boca), ceamos no Casino dous ou tres Somaténs, tres ou catro Oficiais, aquel día libres de servizo, e connosco, os tres artistas. Ían dar as doce pero... ¡non tiñamos uvas! Un ocorrente, que sempre os hai, incluso nas guerras, suxeriu que Carmen Sevilla nos dese un bico a cada un dos presentes, e así pasábanos por vez. Cando me chegou a canda... en vez de irlle á meixela, funlle á boca, ¡e ela non se revirou! ¡Grazas, Carmiña, que nunca mellores uvas comín! (Á miña muller conteillo en persoa, cando volvemos a estar xuntos; non creo que lle fixese moita graza, pero, perdooume, ou polo menos, iso dixo!).
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES