Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Rioxoán talados exemplares centenarios...

lunes, 15 de octubre de 2007
En Rioxon talados exemplares centenarios... EN RIOXOÁN, CONCELLO DE POL, TALADOS, POR ORDE MUNICIPAL, EXEMPLARES CENTENARIOS DUNHA CARBALLEIRA DE PROPIEDADE PUBLICA EN TRÁMITE DE SER INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS.

Lugo, a 10 de Outubro do 2007

Son ben escasas as carballeiras de propiedade pública con que contamos tanto na provincia de Lugo coma no resto de Galiza. Na parroquia de Rioxoán, no concello lucense de Pol, conservamos aínda unha carballeira de exemplares centenarios na que, ata non hai moito tempo, se celebraba unha importante romería, aorredor da capela adicada a Santa Petronila que hai no medio da carballeira e na que se conserva un valioso retablo barroco de mediados do século XVII, incluído, xunto coa capela, no inventario de bens catalogados. Na carballeira celebrababase tamén, -ata o 1947-, unha importante feira quincenal, da que aínda ata non hai moito tempo se conservaban na carballeira alguns peitoriles de pedra usados como expositores. Trátase, pois, dun entorno que, -a maiores de constituir unha área de lecer natural para todos os veciños de Rioxoán e a maiores dos servizos ambientais que, como regulador do microclima e como paisaxe de singular interese, sempre ofrece unha carballeira-, constitúe un elemento inequívoco do noso patrimonio etnográfico e cultural.

Dende ADEGA estamos convencidos de que, para calquer persona cun mínimo de sensibilidade polo patrimonio natural e cultural do seu povo, estas deberan de ser razóns dabondo para tratar, non so de protexer e conservar esta carballeira, senón tamén de poñela en valor como valioso patrimonio natural de tamén importante sinificado histórico e cultural. En base a estas razóns empezamos por solicitar da Consellería de Política Territorial a modificación do proxecto da estrada de Meira a Baleira que, ao pasar por Rioxoán, propoñía talar, de forma innecesaria, toda unha fila de carballeiras para camiño de servizo nas marxes da estrada. A través da Delegación da Consellería de Política Territorial propuxemos deixar o trazado actual da estrada como vía de servizo e se deseñase, no seu lugar, unha circunvalación por fora do núcleo rural de Rioxoán e, no caso de non considerarse viable esta circunvalación no momento actual, que, cando menos, se modificase o proxecto reducindo ao ancho da calzada e construíndo beirarrúas (co seu alcantarillado e alumeado público) en lugar dos arcéns e cunetas que se propoñían no proxecto. Non se solicitaba, pois, máis que unha modificación do proxecto nun sentido que, ademáis, considerabamos (xunto cos veciños de Rioxoán) tarde ou cedo habería que acometer e que en nada empeoraba, senón todo o contrario, a calidade e os servizos que o proxecto anterior podía ofrecer: e, efectivamente, así o entendeu a Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial que aínda onte lle confirmaba á nosa presidenta, Adela Figueroa, que o proxecto tiña sido modificado e que xa non se afectaba á carballeira.

Ao mesmo tempo que presentabamos ante a Delegación de Política Territorial esta petición de modificación do proxecto, presentamos ante a Dirección Xeral de Conservación da natureza unha solicitude para que, en base aos valores naturais e culturais desta carballeira, ela fose incluída no catálogo de árbores senlleiras ao amparo do Decreto 67/2007, de 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo de Árbores Senlleiras.

Dende o noso punto de vista, a tala desta carballeira non só demostra unha absoluta falta de sensibilidade por parte do Alcalde que ordena a súa tala, senón un auténtico escándalo que, dende logo, non pode quedar impune: auténtico escándalo
porque se trata dunha tala innecesaria;
porque se ordena unha tala duns carballos centenarios que non están xa afectados polo proxecto constructivo da estrada; e
porque, ademáis, se fai sen autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (autorización imprescendible xa que se trata dunha carballeira que ten iniciado os trámites para a súa inclusión no catálogo de árbores senlleiras)
Sabemos ben que pode haber veciños que, dende o seu ánimo egoísta, aproben esta tala ordenada polo autoridade municipal. A estes lles pedimos que saiban ver na carballeira un espacio de lecer e de importantes valores naturais que debemos aprender a valorar. Pero un Alcalde que se di progresista, que governa ademáis con votos prestados doutros partidos políticos que lle teñen feito reclamacións similares ás que nós prantexamos, debera demostrar outra sensibilidade. Esperamos que a Consellería de Medio Ambiente sí demostre a sensibilidade que lle corresponde exercer sancionando exemplarmente esta escandalosa actuación do Sr. Alcalde de Pol.

ADEGA, LUGO
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES