Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis sobre o Camiño

lunes, 15 de octubre de 2007
O Camiño de Santiago representa millóns de historias, infinitas experiencias, incontables esforzos imposibles de reflectir en ningún estudio que diga con números e con palabras o que ocorre nesta ruta milenaria ós que por ela caminan.

Un estudio psiquiátrico sobre o Camiño chega á conclusión de que algúns peregrinos desenvolven síntomas de trastornos psicóticos, polo que o “síndrome do Camiño de Santiago” viría convertir a Ruta nun manicomio ambulante.

O estudio, presentado no Congreso Nacional de Psiquiatría celebrado en Santiago, ven avalado pola experiencia do centro burgalés –á beira do Camiño- que leva anos estudiando ós peregrinos.

Parece que estes síntomas son comúns a outros caminantes, e que son os itinerarios de fe os que provocan nos camiñantes efectos sublimadores das súas naturais tendencias.

Posiblemente o Camiño non fai máis ca catalizar, desenvolver, potenciar sentimentos, carencias ou desarreglos. Porque facer o Camiño supón esforzo, sacrificio e entrega.

Unha historia máis para o Camiño, que con cada estudio, cada nova experiencia, enriquécese e medra en coñecemento e influencia. E se algúns peregrinos desenvolven síntomas de tolemias, non debemos esquecer que houbo santos que consideraban a culminación do seu amor divino chegar a ser “toliños de Deus”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania