Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estar alerta a ve-las vir

jueves, 12 de julio de 2018
Que vivimos nun mundo moi cambiante, ninguén o pon en dúbida:
-O que hoxe está ben visto, mañá pode estar mal.
-O que hoxe parece certo, mañá pode parecer mentira.
-O que hoxe se considera un “valor”, mañá pode parecer un “contravalor”.
-O que hoxe parece inviolable, máña pode aparecer violado…

¿QUEN ENTENDE ESTE MUNDO?
Parece difícil de entender.
¿Por qué?
Porque NON TEMOS AS IDEAS CLARAS.
NON TEMOS CLARO QUE HAI VALORES UNIVERSAIS QUE SEMPRE ESTARÁN BEN E OUTROS QUE SEMPRE ESTARÁN MAL.

Por exemplo:
-SEMPRE ESTARÁ BEN VISTO QUE HAXA UNHA CERTA ESTABILIDADE NAS RELACIÓN ENTRE AS PERSOAS: nas relacións comerciais, nas relacións de amistade, nas relacións de parella…
A estabilidade sempre será un valor a ter moi en conta; en caso contrario non poderíamos fiarnos de ninguén.
¡Sería unha mágoa!

-SEMPRE ESTARÁ BEN VISTO QUE UNHA PERSOA SEXA DE PALABRA.
Cando diga ” SI, que sexaSI” e cando diga “NON, que sexaNON”.
¿Qué se pode esperar dunha persoa que hoxe che di que si e á volta da esquina xa cambiou de parecer?
De persoas así nada bo se pode esperar.
Se queremos que o mundo vaia ben, temos que ser persoas de palabra.

-SEMPRE ESTARÁ BEN VISTO QUE UNHA PERSOA SEXA DE FIAR.
Se é de fiar, terá moitas portas abertas por onde queira que vaia.
Coas relacións de familia non terá problema.
Nos negocios terá moitas oportunidades.
Terá garantizada unha boa calidade de vida con moita satisfacción persoal porque estará contenta consigo mesma.

DESAFORTUNADAMENTE A INESTABILIDADE ESTÁ Á ORDE DO DÍA:
-PARELLAS QUE PARECEN CONSOLIDADAS; saltan polos aires: corazóns destrozados, familias destruídas, nenos en terra de ninguén...

-TRADICIÓNS MOI ANTIGAS, TÍRANSE POLA BORDA
¿A cambio de que?
Case sempre a cambio de algo peor.
¡Seremos bobos!

-ALGO QUE COSTOU MOITO CONSTRUÍR, DESTRÚESE NUN INSTANTE. Aló van os esforzos de cantos loitaron antes de nós.
¿Qué construímos nós?
¿Por qué tiramos cos esforzos dos nosos devanceiros?
¿Qué exemplo lles dámos ós que veñen detrás?
¿Gustaríanos que fixeran outro tanto coa nosa suor?
Pensemos un pouco as consecuencias do que facemos.

-AS CRIATURIÑAS QUE SEMPRE FORON “SAGRADAS”, agora algunhas son violadas….
¡Canto enfermo mental anda polo mundo!

-OS ANCIÁNS QUE SEMPRE FORON VENERADOS, AGORA EN MOITOS CASOS VENSE ABANDOADOS.
¿Cara a onde imos?
¿A onde queremos chegar?

NON HAI MOITO TEMPO UNHA PALABRA ERA UN DOCUMENTO.
- Facíase un trato, estreitábanse as mans ambas partes; e o trato quedaba feito para sempre.
- Unha palabra tiña valor, agora lévaa a o vento.
- Aínda “leva o vento” moitos documentos.
- Deso están ateigados os xulgados.
¿Onde está a ganancia?
Xa sei que: “DE BOBOS E PORFIADOS VIVEN OS AVOGADOS”
Pero o que se perde en disgustos. ¿quen o recuperará?
Así non imos ben.

Daquela:

¿NON QUEDA NINGUÉN DE FIAR?

-Quedamos moitaspersoa de fiar.
-Quedamos motas persoas de ben.
-Quedamos moitas persoas que facemos todo canto está ó noso alcance por sementar: PAZ, AMOR, PROSPERIDADE, COMPRENSIÓN, AMABILIDADE, SOCIABILIDADE, RESPECTO, e un longo etc.

Porque somos moitas as persoas que estamos decididas a construír un mundo feliz no que haxa un sitio para cada persoa e cada persoa ocupe o seu sitio.

“CADA UN NO SEU SITIO”

Este será o título do seguinte artigo.
Grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Se así o desexa, volveremos encontrarnos a semana que vén e tanto nun caso como noutro:
¡Que lle vaia moi ben!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES