Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡O Gran Tesouro!

sábado, 13 de octubre de 2007
O vindeiro domingo, na "porta galega" do Camiño Francés, no Cebreiro, vaise celebrar "unha festa/coloquio" para conmemorar o 20º aniversario da declaración do Camiño Francés como "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" (É tamén Patrimonio da Humanidade" e "Príncipe de Asturias da Concordia". Unha honra para O Gran Camiño. ¡O Gran Tesouro de Galiza!

Estou invitado. Supoño que por crego/veciño e por ter demostrado interese na súa defensa. Considérome autorizado para convidar ós veciños aos actos públicos. Os veciños foron (son) as mellores testemuñas do que acontece no Camiño. Tamén, os máis fieis e firmes valedores.

A finais de setembro, celebrouse en Le Puy (Francia) un frustrado congreso. Espero que o do Cebreiro vaia noutra liña: Na de asumir responsabilidades de atención e defensa tanto por parte do Xacobeo/Patrimonio coma pola dos Concellos. Sería un bo exemplo cara os veciños na defensa e conservación deste Tesouro da Galiza Interior, tan necesitada de protección.

Pola miña banda, suxiro aos responsábeis dos Camiños (tamén a expertos e asociacións) fagan a rota Liñares/Fonfría, con parada no ficticio Núcleo Rural desta aldea que, coas bendicións de Patrimonio e Concello aspira a ser modelo da Comarca a pesar de estar instalado dentro do propio Camiño e como resultado e consecuencia dun inxusto e abafante trasacordo.

O xeito de demostrar que Galiza ten algo que celebrar neste 20º aniversario é volver á legalidade e restaurar a desfeita e mal trato que se lle deu ao Camiño (hoxe homenaxeado) e aos veciños deste pobo. ¡Nesta dirección deben ir todas as nosas
celebracións!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES