Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quero pensar no Mundial de Rusia

lunes, 09 de julio de 2018
Quero pensar no Mundial de Rusia Quero pensar no Mundial de Rusia, pero non me sae da cabeza o asunto da cova de Tham Luang Nang No. Doce rapaces con idades de 11 a 16 anos, que eran xogadores dun equipo de fútbol local, están atrapados desde o día 23 de xuño, xunto co seu adestrador de 25 anos, por culpa das abundantes chuvias que alagaron parcialmente a cova. Agora teñen medo a que volvan de novo as intensas chuvias que adoitan caer por eses lares para acabar de rematar a traxedia. En principio, xa se cobrou a vida dun buzo que intentaba levarlle certas provisións. E polo que lin, así a grandes trazos, o asunto non está nada fácil para resolver e o mal tempo climatolóxico está aí, á carreiriña dun can. Oxalá puideran salvalos. Aínda son nenos! Ata a FIFA, por esta vez, se pon do lado dos desfavorecidos, xa que lle promete a ese equipiño que se para o día 15, o día da gran final do Mundial, están a salvo poderán asistir, de invitados, o evento deportivo. A ver se o conseguiran, se conseguiramos ver ós doce cativos, máis o adestrador, enfocados polas cámaras de todas as televisións do mundo.

Quero pensar no Mundial de Rusia, pero non me sae da cabeza que, de novo, o noso presidente Núñez Feijóo volve falar “con xeito” sobre o AVE: que seguirá vixiante para que a súa chegada no 2019 “faga xustiza”, porque a outras comunidades chegou hai 25 anos. Hai que ter cara para confesar que en 25 anos, el e os seus, non conseguiron poñernos á altura desas outras comunidades. Solta iso e queda tan campante. Puido rematar moi perfectamente con algo semellante á autovía A-52, que se tirou a tira e máis de anos sen chegar. O dito: Galicia, o cu do mundo.

Quero pensar no Mundial de Rusia, e síntome como peixe na auga, porque estou na miña salsa: a de ver fútbol e máis fútbol. Aínda así, non vin todo o que quixen. Por exemplo, os partidos das catro da tarde puxéronseme moi mal, por aquilo de que a viña me reclamaba unha tarde si e outra tamén. Pero botaba man da radio e confeso que tamén gozaba coma un anano grazas ós locutores e ós seus comentarios. Outra forma de sentir o fútbol: cun sorriso nos beizos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES