Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Víctor Jara a Lorca

miércoles, 11 de julio de 2018
Lembro que o día 3 de decembro do 2009 presentábase o ilímite na miña querida facultade de Humanidades de Lugo. O día cadraba cunha data histórica en Santiago de Chile: o enterro de Víctor Jara. Non puiden menos que facer unha lembranza na miña intervención a un home que se atreveu a defender ata a morte o dereito de vivir en paz, unha paz ben entendida no marco da igualdade de oportunidades e o acceso a unha dignidade imprescindible para vivir. Tiña claro que non podía calar aquela efeméride xa que, dalgún xeito, aquela tarde as miñas emocións latexaban a rítmo chileno e ían por un ancho camiño de liberdade.

Anos despois, recibo “coa alma chea de bandeiras” a nova de que os asasinos de Víctor foron condeados e encarcelados. Vaian para eles os meus peores desexos! Como dicía Lluís Llach, nas Campanades a morts adicadas aos crímenes de Víctoria, ogallá nunca reposo teñan e sexan perseguidos pola propia conciencia.

A ledicia de saber resolto o asasinato de Víctor ten a recompensa de saber que nunha hipotética viaxe a Santiago o podo visitar, levarlle unha flor e cantarlle aquelas cancións que máis me enchen como “el derecho de vivir en paz”, “vamos por ancho camino”, “muchachas del telar”, “las casitas del barrio Alto” ou “ni chicha ni limoná”, entre tantas outras. Esta ledicia contrasta coa rabia que provoca unha realidade máis cercana: a que segue tendo a Federico García Lorca nunha fosa común, cando debería ser un poeta nacional, venerado cun día propio e honrado coa lectura e o cántigo dos seus poemas. Así poderíamos escoitar en voces diversas “la romería”, “la canción del jinete”, “Córdoba lejana y sola” ou os seus marabillosos sete poemas galegos feitos por influencia de Eduardo Blanco Amor.

Hai quen di que a memoria é revanchismo. Trabúcase. A memoria é xustiza e dignidade, é resarcir a deshonra para situar a cada quen no lugar que lle corresponda. Unha democracia con fosas comúns camiña coxa polo curso da historia porque nega o dereito de toda persoa a deixar constancia da súa existencia. O ser humano distínguese dos demais seres vivos en que ten pasado, presente e futuro. Polo tanto, cando se nega o dereito a resarcir aos asasinados por dictaduras infames estáselles negando a súa condición humana, o que é incompatible coa democracia. Cando se fai isto cunha figura clave na nosa cultura, estase erguendo publicamente unha bandeira de profunda inhumanidade tecida con fíos de autoritarismo e violencia extrema, como demostran os escrupulosos estudos científicos sobre a represión franquista.

Chile da un exemplo de ética e de dignidade facéndolle a Víctor Jara o funeral de estado que no seu día non tivo, cando foi cruelmente aniquilado. A pregunta é cando forxaremos en España un clima social e político que permita facer o mesmo con intelectuales imprescindibles na nosa historia como Lorca, que aínda xacen sen honra en cunetas de indecencia. Só, un último recordatorio: ficamos Camboia e nós...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES