Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xosé Manuel Carballo, amigo e ben querido

viernes, 06 de julio de 2018
Eu ben sei que todos vós sabedes
que aquelas persoas que hoxe ocupan os eidos da nostalxia
e nos veñen á memoria
quedaron prendidas nos recantos da vida, das paisaxes físicas
das silveiras dos camiños
e no feitizo desa fantasía que nos leva –tantas veces- de novo
polos pensamentos fondamente gravados
en forma de lembranzas
para recrear mesmo diante dos ollos ilusións e espellismos,
neste ermo das soidades silandeiras e ausencias.

Por iso, recreamos no noso retiro
unha realidade que queremos recompoñer e refacer
... e é alí onde atopamos esta paisaxe enorme da Terra Cha
que aínda evoca luces, cores, sons e melodías,
prados, lendas, soutos e carballeiras, soños e recendos
tecidos coa ansia de amortizar un pasado que nos chama
porque aínda ecoan no aire as voces daquela xeografía humana
que vén en bafaradas co perfil impreciso daquela xente
que tanto quixemos e queremos,
daqueles que fortaleceron os nosos fráxiles esteos
alí están toda aquela xente que aloumiñaron a nosa vida
facendo o noso espazo máis grande.

Son aquelas persoas que andaron canda min,
canda nós, camiño de ningures.

Pero estaban a carón,
viñan ao noso lado entre dores e ledicias, fatigas compartidas.

Si, nomes de maxia que no seu son silandeiro estremecen
aínda o meu corpo desde o acordo satisfeito
desde a memoria feliz que os recupera ao noso lado
e que, en definitiva, lles dá vida.

Alí está, Xosé Manuel Carballo
coma un facho no “lume novo” na Abilleira, con todos nós.

Coa imaxe del festexando coa miña familia, cos meus amigos,
co seu falar filosofado, co seu enorme porte armado
cunha coxeira afable e simpática, sempre atenta.

O meu amigo, o mago impredicible, o creador de tantos soños,
de tantas utopías que aínda me habitan
e serán sempre parte importante de min.

(Poema leído polo autor no acto de homenaxe a Xosé Manuel Carballo, no que se lle deu o seu nome ao Centro cultural de Castro de Rei-Antigo Teleclub).
Iglesias, Baldomero
Iglesias, Baldomero


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES