Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Lareira de Soños presenta unha queixa no Valedor do Pobo pola situación dos frescos dos Vilares

viernes, 06 de julio de 2018
A Lareira de Soos presenta unha queixa no Valedor do Pobo pola situacin dos frescos dos Vilares A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares presentou hoxe unha queixa na oficina do Valedor do Pobo de Galicia ante o desamparo das administracións local, provincial e autonómica para a restauración dos frescos renacentistas dos Vilares (S.XVI) aprobada pola Comisión Cuarta do Parlamento Galego en xaneiro deste ano, cuxo acordo foi incumplen tanto no referido á posta en acordo das administracións coa igrexa e tamén na dotación económica para acometer estas pinturas murais de grande valor patrimonial en sério risco de desaparición.

Xunto coa queixa, adxuntamos documentación informativa como o proxecto orixinal da restauración e o estudo do profesor Monterroso Montero realizado con motivo da aparición dos frescos en 1992 sendo párroco dos Vilares o actual deán da Catedral de Compostela, Segundo López.

Despois de vários anos de reunións, documentos, visitas e iniciativas parlamentares sen froito, a Lareira de soños prepara unha campaña para despois do verán que inclúe accións informativas, crowdfunding, xornadas e documental entre outras propostas tendentes a salvar esta xoia, obra atribuída ao afamado Mestre de Parga que cada ano padece unha degradación que precisa dunha actuación urxente.
A Lareira de Soños presenta unha queixa no Valedor do Pobo pola situación dos frescos dos Vilares
Asimesmo, solicitamos unha entrevista personal na oficina do Valedor para informar de primeira man sobre a situación desta importante obra de arte relixioso nunha igrexa con orixes no século XII, e con unha histórica Romería dos Desamparados con milleiros de asistentes.

Ademáis das pinturas, a Igrexa de San Vicenzo dos Vilares conta con tres importantes retábulos neoclásicos e un barroco, un sartego, un cruceiro, dúas pías bautismais e un espectacular calvário.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES