Hai tempo, un suave vento de primavera murmuroume:
- Escribe sobre o padre Mato.
- Non sei -respondinlle eu.
Estimados lectores:
O que si podo dicirlles é que camiñando por Portomarín vín ao padre Mato pasear ao lado da gloria, e puiden observar que decidira ser o que era, e non, non, non perderá a

da súa identidade, sinxelamente cambiara o seu papel.
Contemplei como un sorriso entrañable debuxaba no seu rostro a quietude do ben feito, recordos de fantasía e grandezas de cor festoneaban a mirada transparente dos seus entusiastas ollos. Sí, camiñaba ao lado da gloria e eu observeino dende o mirador da admiración.
Sentir a vida na vida do outro e a conquista do tempo, a riqueza do soño, o disfrute dos cálidos remansos de ilusión e esperanza. Sinto non ser máis elocuente para embriagalos da imaxen axexada, suxerente, e chea das riquezas da verdadeira vida: amizade, amor, respecto, sorrisos, ánimos xoviais
Si, estimados lectores contemplei todo iso no bo home que camiñaba polas pequeñas rúas da miña vila.
Persoalmente pensei que unha vida tan extraordinaria e de tanta utilidade e servizo debería ser recoñecida pola Xerarquía Institucional do meu país, pero sabía que o padre Mato xa lograra a dignidade e o honor dunha persoa boa, e isto perdurará para sempre, coma o tempo.
De novo pensei que elevaría tódalas veces que fixese falta a miña súplica para que a súa persoa fose dignificada e honrada e lle concedesen o recoñecemento que tanta entrega e sacrificio polos demais merecía.
Pedín ao mundo para que o padre Mato seguise sendo un iluminador de esperanzas e ilusións, e que continuase contribuíndo co seu resplandor a facilitar un mundo máis humano, e dende o mirador da admiración dínlle as grazas por representar o ser do meu pobo.