Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Santa Mariña de Guitiriz

jueves, 05 de julio de 2018
Deuse en chamar “memoria histórica” ao coñecemento e difusión do que pasou neste país, preto das nosas casas, en 1936 e seguintes, feitos silenciados nos meus tempos mozos e moito despois, ata que hai relativamente pouco tempo empezamos a saber a fonda traxedia que foi tapada coa Longa Noite de Pedra.

De pequeno escoitei falar de historia de escapados, bandidos protagonistas de feitos incribles, difíciles de entender.

Alfonso Blanco Torrado, Alfonso de Guitiriz, escoitou naquel concello contar historias arrepiantes de detencións, mortos, paseos, que alí aconteceron, precisamente por ser territorio límite entre as provincias de Lugo e A Coruña, de xeito que os asesinos coruñeses viñan matar a Guitiriz –que duro resulta decir e escoitar isto- coidando que os seus crimes quedarían impunes, e os mortos das cunetas, serían enterrados en foxas que nunca ían ser abertas.

Aínda quedan corpos naquelas foxas, pero este domingo vaise facer xustiza con tres daqueles mortos. E co seu valedor.

Porque aparte dos mortos sen desenterrar naquela zona limítrofe, en Santa Mariña de Guitiriz no 36 detiveron a tres irmáns coruñeses, coñecidos como “Os da lexía” porque traballaban nunha fábrica de lexivia. Leváronos para A Coruña, e alí foron axusticiados polas súas ideas de esquerda e a oposición ao levantamento do Exército.

Alfonso soubo desta historia, e tiña o propósito de erguer no alto daquela parroquia un monolito que se vise desde a Autovía A6, para lembrar a memoria destes tres loitadores pola liberdade.

Como agora Alfonso ten importantes problemas de saúde que o teñen parcialmente arredado do combate cultural, Xermolos e un grupo de amigos deste loitador cultural, levaron adiante a iniciativa e este domingo, ás 12, coincidindo coas festas de Santa Mariña, vaise erguer este monolito na honra dos “Irmáns da lexía”, pero tamén de Alfonso Blanco; na honra deles por pura xustiza histórica coa súa memoria, e na honra de Alfonso pola súa forza vital posta ao servizo da cultura, da Chaira, e do saber.

Será este domingo, no alto de Santa Mariña: Monolito en homenaxe aos Irmáns da Lexía, pero especialmente por Alfonso Blanco Torrado, nado en Montevideo, oriundo de Ponteceso, chairego por dereito, que para todos nós é “Alfonso de Guitiriz”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania