Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A 'enredadera'

jueves, 05 de julio de 2018
Estes días sae en prensa unha operación policial que se leva xestando por moito tempo co nome de 'enredadera'. Unha máis contra a corrupción entre políticos e funcionarios de concellos, que xa non sorprende a ninguén, de feito, ninguén se rasga as vestiduras, e nin tan sequera é noticia de portada.

O curioso do caso é o volume de detidos, 39 de golpe e 70 investigados entre funcionarios e políticos municipais. Como toda operación contra a corrupción a orixe é monetaria, é dicir, a fraude sobre o tesouro público. A súa orixe é que a todo o mundo lle gusta vivir por enrriba das súas posibilidades e os cargos de representación dan acceso ao manexo dunha grande cantidade de diñeiro público e con iso a unha gran tentación.

Porque como xa escoitei nalgunha ocasión, nós podemos ser de tal ou cal partido pero vestimos de marca. Ti sabes querido lector canto gana un deputado raso dun partido político? O soldo na comunidade autónoma de Galicia é de 4800€ sen complementos...

Aínda así nesta última operación contra a corrupción trinta e nove políticos e funcionarios públicos detidos e máis de setenta investigados. Teñen malos salarios? non, nin moito menos, pero o poder dá acceso a recursos que un cidadán corrente non está en disposición de manexar. Unha firma aquí, un informe alá, e por encantamento un diñeiro extra cae nas mans do servidor público.

No momento máis álxido da crise cando a xente estaba no seu momento máis desesperado, falouse e moito de establecer medidas de control e transparencia sobre os altísimos soldos dos políticos e as súas prerrogativas, tamén das condicións éticas para acceder ao cargo.

En que quedou isto? Pois ben, dende o meu punto de vista en nada. Certo que algún alcalde vin ir en bicicleta ao Concello, un par de días despois volveu coller o coche oficial. O dos soldos, ao final non se tocou, falouse moito de establecer incompatibilidades e de que non se puidese percibir máis dun soldo publico á vez. Iso si se fixo, aínda que con carácter voluntario. A transparencia, bo, eu son transparente aínda que os negocios lévaos a miña muller, o meu amigo, ou o meu fillo. A familia Pujol por exemplo: o moi honorable era transparente pero a súa muller afastada da política non o era.

A 'enredadera' non é só unha operación contra o roubo sistemático do noso erario público, senón unha palabra que encaixa moi ben coa armazón que creamos para sustentar o nivel de vida duns xestores dos bens comúns.
Feijoo, Arán
Feijoo, Arán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES