Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Igualdade e fraternidade

jueves, 11 de octubre de 2007
Que as autonomías sirvan para marcar distancias, non é o que se podía agardar deste sistema de goberno. Porque o sentimento que fixo nacer o Estado das autonomías foi o de absoluto respecto ás peculiaridades de cada quen, pero mantendo a igualdade en canto a dereitos e deberes, aportacións á Facenda, atencións da Seguridade Social, e similares servicios ou prestacións.

Nunca se pensou en que as circunstancias económicas diferentes pudiesen ser tamén orixe de diferencias de trato como van darse.

Os galegos pensionistas non contributivos van ter un complemento anual ou subida destas pensións de arredor de 218€. O lóxico sería que este aumento fose igual para todos os pensionistas non contributivos de toda España, pero non porque mentras que para os andaluces é so de 90 euros, cada pensionista catalán vai percibir 1.093, quintuplicando e algo máis a cifra de Galicia.

Non é eso o que debe ser. Porque o tratamento dun pensionista galego ten que ser o mesmo ca o dun andaluz, e o mesmo ca un catalán, aínda que a Facenda catalana estea máis boiante. E se a Facenda está mellor, quere decir que terá que compartir a súa bonanza con outras zonas máis desfavorecidas do Estado ó que todas pertencen.

A Igualdade é un dereito absoluto de todos os españois, independentemente da autonomía á que pertenzan. E se esta Igualdade non funcionase ou non estivese garantida abondo, entra en funcionamento a Fraternidade para que ninguén sexa mais ca ninguén.

Se así non é (que ten que ser!), este sistema non nos vale.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES