Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A memoria

martes, 03 de julio de 2018
A certa altura da vida, xa aprendimos que a inconsciencia é simplista e reduce as persoas á minima figura, para ninguneala ou para utilizala no seu proveito: interese económico, ideolóxico, ou simple prepotencia.

Pouco a pouco, fun recibindo información dun episodio que acontecera en Corvite, na parroquia de Santa Mariña de Guitiriz, ó abeiro da Serra de Montouto, nos primeiros días do golpe de estado do 36. Eran fogonazos de datos, moi entrecortados, envoltos en medo e misterio…, pero foron capaces de transmitirme que aqueles mozos que detiveran naquela mañanciña de xullo, tiñan as ideas claras, sabían o que querían, e os seus ideais eran rexos… A súa voz sorprendeu ós vecinos pola coraxe coa que falaban, sen tremer polo que defendían. Aquela firmeza, mesmo chegou a mín a través deles. Adiviñei que as ideas que os levaron ata alí, nacián dun manancial de augas limpas, sen saber onde abrollaba a súa catación… Polo menos tiñan a forza dun torrente e a atracción dunha fervenza… Dixeronme que eran coraxudos, deportistas, teimudos, non se arrugaron ó verse descubertos pola garda civil.

Por primeira vez, sentín na miña carne e no meu espírito, o impacto dunha experiencia acaida facía máis de 50 anos, non materializada nunha escrita ou doctrina, sen nome nin apelidos, só vivenciada no silencio tenso dos vecinos dunha aldea afastada, A pesares da espesa neboa do desconcerto que cubríu aquel amencer, algún deles non perdera aínda a frescura do vivido.

Pero canto máis baixaba a costa, foronse desdibuxando os trazos e voces reais do alí acontecido, manipulados pola prepotencia dos que ergueran os seus observatorios de odio e envexa para todo o que fose diferente e plural, na espesura da maleza que inzaba naquela canícula, andaban á caza do que non se axeitaba á súa ollada retorta e unidirecional: rematar e asfixiar todo xermolo de liberdade.

Aqueles salaios de emocións afondaron no meu corazón, e xa foron sempre conmigo, bulían en min, e urxíanme a darlle corpo, ó que daquela era só un salouco de vida, un presaxio dun leito de soños. Xa tivera sensacións semellantes, golpes de emoción, rebordando vida, que paseniñamente tiven que ir formatizando, acopiando datos e información. Durante varios anos non fun capaz de pór nome a aqueles mozos. Estrañabame que a ningún veciño lle preocupase a súa afiliación, pero aínda hoxe o medo é forte.

Pero aquela gallardía que mostraron no momento da súa detención, aquel dar a cara polos seus ideais, foron marcando en mín o perfil, o talante duns líderes. Eran os Irmáns da Lexía que lembramos o día 8.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES