Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos sacamos tallada

lunes, 02 de julio de 2018
Vivimos nun país privilexiado. Onde todos sacamos tallada. Cada vez estou máis convencido de que nin eu mesmo son honrado. Así de simple. A Valedora do Pobo, a que se entende que ten que valer polo pobo, pola xente, na realidade, só intercede polos seus. Aconteceu nun posto de libre designación, que quería que lle deran a praza a unha “coñecida”. E logo! Ou outro exemplo, que o Ministerio de Interior seica ordenou un trato de favor á infanta Cristina na visita que lle fixo ó seu querido marido Urdangarin para que: non fixera cola, para que entrase no cárcere cunha furgoneta e fóra de hora, e para que non pasase rexistro algún. Para que se vexa que non é un preso calquera! Así é que, ou por trato de favores ou porque metemos axiña man no que sexa ou porque somos corruptos ou porque somos uns vendidos, no noso país non hai un habitante honrado. Nin o primeiro. Uns levámolo máis disimuladamente, mentres que outros ata se gaban de ser como son. Como ten que ser!

Non é coma noutros países, nos que hai xente honesta. Ata nos Estados Unidos, que xa é dicir. Resulta que alá, no país das armas que só matan, unha profesora que morreu de cancro acaba de darlle unha lección ó mundo pedindo que os que asistiran ó velorio, ó seu funeral, en lugar de flores, levaran material escolar para nenos necesitados. Iso é ser honrados! Polo menos nese detalle. Ás veces falamos desas ONG´s que se entregan ós máis indixentes, cando en algún momento (certo que moi pouquiños, pero...) temos á nosa beira a unha persoa, a unha simple persoa que fai ela máis que toda unha ONG.

Escribo este Recuncho xusto ó rematar o primeiro partido dos oitavos de final do Mundial de Rusia entre Francia e Arxentina (4-3), e non me queda outra que dicir que oxalá todos os partidos restantes foran coma este. Que gozada! E aínda para máis aquel, cunha morea de goles. E que Deus nos colla confesados ante Mbappé, se é que chegamos alá, algo do que, por certo, dubido moito. Xa sei que os xogadores nosos din que nos invade o pesimismo e que non é para tanto. Pero “visto lo visto”, non sei que vos diga. Oxalá ó publicarse isto me refregaran o meu pesimismo polo fociño (entre a escritura e a publicación, xogaron)
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania