Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pedagoxía do sinxelo

miércoles, 04 de julio de 2018
O pasado 27 de xuño fíxose viral, dende “La Vanguardia” unha nova que leva por título “Los curiosos deberes de verano que un profesor manda a sus alumnos de tercero”.

Trátase de Manolo que lle entregou unha extensa e intensa lista de deberes para que os seus pupilos realicen no verán. Entre as tarefas que deben realizar están: facer amigos, dicir “quérote”, creer en si mesmos, poñerlle forma as nubes, darse un bo baño na piscina ou no mar, camiñar descalzo, recoller cunchas e un longo etcétera.

Lendo a nova un dase conta de que o que Manolo quere é que os seus alumnos vivan, que experimenten a vida, que aprendan nela e con ela ata crear a súa propia vida. Ás veces centramos moito a educación en absurdos antagonismos como o de ciencias / humanidades sen darnos conta que a ciencia sen humanidade é un arma de destrucción masiva (pensemos nos inicios da enerxía atómica e de como o gran Albert Einstein se acaba separando do proxecto para non ser parte da barbarie que finalmente se produciu...) polo tanto é necesario conciliar complexidades e impregnar o coñecemento de valores.


A pedagoxía do sinxelo é un xeito de aprender a vivir e a convivir. Un xeito de incrustar cada contido na realidade para materializalo no día a día do alumnado. Unha pedagoxía socioafectiva que palpe e viva cada contido para acompañar e impulsar a cada persoa a construir, en colectivo, o seu proxecto vital.

A pedagoxía do sinxelo impulsa a cada persoa a pensar criticamente para ser ela mesma enviándolle unha mensaxe clara e contundente: es libre, cree en ti, crea, autorrealízate e lega...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES