Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempos de cambios

jueves, 05 de julio de 2018
Comentan algúns analistas políticos que estamos en tempos de cambios e que cecais, igoal que poida reafirmarse Podemos como forza política, perda moita presenza o P.P. Non sei o que hai de certo nistes augurios, pero coido que son verdades a medias: Cecais quede Podemos, pero as Gueivotas non se estinguen, non.

As Geivotas teñen un ADN moi característico. Non só o seu espíritu depredador - son carroñeras-, senon que son corruptoras, sempre dispostas a sacar tallada dos presupostos, moi amigas das forzas vivas como pode ser o exército e demáis forzas da orde, a Igrexa ou o funcionariado- sempre hai excepcions. Todos eles privilexiados á hora de cobrar o soldo. Cómpre tamén engadir a xubilados cómodos reclamando, vía whasapp, pensions dignas, así como o dereito a calquer subvención, non vaia ser que só as haxa para refuxiados e extranxeiros.

Para iso, chega con inventarse patrañas e xogar a partida. Se isa España é así, despois de cuarenta anos de dictadura e filosofía nacional catolicista, é comprensible que o País esteña cheo de xente que admite o enchufe como xeito de vida, o roubo coma servidume do cargo e enrequecimento inmoral como froito da libertade. A libertade, se non é aborrecida, é perseguida. Unha verba sempre prostiuida nos seus beizos.

Amigos dos cartos e os tirantes sempre usan a bandeira coma un emblema de amor patrio, amor que amosa o señor ministro sendo propietario de empresas pantallas en Panamá. Odian ó distinto, o diferente, non vaia ser que os descabalguen do seu estatus de homes de pro e sobre todo que desmonten os seus falaces argumentos. Comulgan, mentras maldín os que chegan nas pateras e critican -daselles mellor que a mín con iles- ós que traballan por distintos vieros por unha sociedade máis xusta. Son eternamente inmovilistas e critican o progreso con falaces desprezos, mais sen aportar solucións mellores para os problemas. Fan do pasotismo, da indiferencia, da resignación, da propia apatía unha filosofía hibrida onde deixan en mans de Deus o seus problemas e dos seus líderes o porvir. Non se queixan das malas carreteras, nin do mal funcionamiento do hospital nin de calquer outra cousa. Eles sempre atopan un furado para vivir mellor e que solucionen os problemas ises que sempre están protestando.

Ademáis a ises sempre hai motivos para buscarlles unha querida, ser un borrachiño, ou abandoar a familia. Calquer cousa con tal de despelexalo. Son homes de paz, coidando que a paz é pintar unha pomba para o seu fillo. A xusticia social é só unha quimera, e iles son realistas, extremadamente realistas.

Se o País está cheo de xente así, ¿Qué máis da que se chame AP, P.P. ou Popular. com e en vez de ter oitocentos mil afiliados que señan sesenta mil? Ise non é o problema. Cando iles tocan as campás, sempre teñen curas sibilinamente colaboradores, alí rexurden, cal ave fénix, as Gueivotas conservadoras, sempre dispostas á loita polos seus foros e, xa se sabe, se fan falta argumentos disuasorios como a xustiza ou as forzas militares, ó eiquí ou aló, están dispostas para o que o señor precise.

E iste xeito de pensar e obrar non se extingue así por así. Renóvase a plana, cámbease os seus líderes e ata o nome; pero a sustancia mantense viva porque son moitos anos de Historia onde as estructuras son básicamente as mesmas, e desde o modelo educativo ata o xeito de aceptar a esclavitude laboral como xeito de vida, non varían.

Por outra banda, as forzas emerxentes sempre son atacadas polos anteriores por medo a que levanten as alfombras e con ilas o tinglado eterno de roubos e cambalaches. E para iso non hai mellor arma que dicir aquelo tan castelán de: Y tú más. Sempre haberá pola veira conservadora reproches de financiación- a Gürtel non existeu- de axudas exteriores, de falsas declaracions da facenda…Claro, as novas forzas son corruptas –e non nego eu que no medio non os haxa- pero aínda non teñen patrimonio nas Bahamas, nas islas Vírgenes ou naquel Sitio.

Nises sitios téñenos as Gueivotas, a realeza, os amantes e sacrificados homes da Patria, os banqueiros, os famosos, os futbolistas… os que nos teñen son homes coma mín que só valemos para pagar impostos e morrer axiña. Merdada de País que queren que amemos. ¡Ata aí podíamos chegar!
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES