Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autoestrada e autovías

martes, 26 de junio de 2018
Nos anos 70, Galicia viviu unha revolución no transporte por estrada no momento en que se puido viaxar pola Ap9, que unía A Coruña con Santiago, prolongada logo ata Vigo, entroncando a continuación con Portugal. E desde A Coruña prevíase a conexión por autovía ou autopista pola costa coruñesa e lucense, para seguir logo ata a conexión co resto de Europa. Pero quedou na prolongación a Ferrol e a construción da A8.

As forzas políticas de esquerda combatiron durísimamente a construcción da autopista, destacándose de xeito especial o Bng ao calificala de “Unha navallada á nosa terra”, entendendo que ía separar por metades de xeito definitivo as terras por onde pasase.

A pouco de cumprirse medio século desta construción, fóronse esquecendo os perxuizos e apreciando os beneficios dunha vía que vincula as cidades máis industriais e vitais de Galicia, sendo o único en contra as peaxes a pagar por circular por ela, cifrándose en algo máis de seis euros por automovil entre A Coruña e Santiago e outro tanto entre Santiago e Portugal.

Como as autovías que entroncan con esta autoestrada son de utilización gratuíta, hai tempo que se ten emprendido unha campaña para que a autoestrada deixe de ser de pago, pase á Autonomía, ou se bonifique do xeito que sexa a súa utilización. Pero o goberno de Rajoy non quixo saber nada desta cesión, reverdecendo o interese agora que hai novo goberno, que vai deixar libres de peaxe tres autoestradas de pago que foron construídas na época en que se puxo en funcionamento a Ap-9.

Aínda que as autoestradas están en mans privadas e as autovías son de titularidade pública, é difícil de comprender por que hai que pagar por circular por vía rápida entre Ferrol e A Coruña e entre A Coruña e Santiago mentras que entre Lugo a Coruña e axiña entre Lugo e Santiago vai ser gratuito, ou que a A-8 entre Ribadeo e Baamonde sexa gratuita e a Ap9 siga sendo de pago.

Enténdese que as empresas concesionarias presionen para que o seu negocio siga en marcha, pero tamén hai que ter en conta o dereito e os intereses dos usuarios das vías rápidas, que non deixaremos de reivindicar que as vías en marcha –exemplo, Lugo-Santiago- aceleren a súa construción, e as de pago ou deixen de selo ou rebaixen as súas peaxes.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES