Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas do Asilo (IV): O pobo con el

viernes, 29 de junio de 2018
Ante a vindeira inauguración (¿) da nova Residencia de Anciáns, cuxa construcción leva un par de anos rematada, ofrecemos aos lectores unha lembranza histórica da que foi a primeira etapa desa obra social que, o matrimoinio Martínez-Otero, deixou en herdanza ó noso pobo, formando parte do seu valioso legado. Rexentado de 1933 a 2009 polas Hermanitas dos Anciáns Desamparados,o cronista foi testigo da labor humanitaría, de traballo, esforzo, dedicación e entrega; en razón da mais preta veciñanza e relación, durante os primeiros vintecinco anos da súa vida.

É coñecida a identificación dos focegos con aquela Casa, da que sempre nos sentimos orgullosos; e de cómo, en xeral, as nosas xentes se volcaron na axuda material e moral. De feito a vida, os avatares, os personaxes que por alí pasaron; os aconteceres, ledos ou tristeiros; todo formou parte da historia local.E o edificio, mais que nunca apreciada a súa situación e a beleza da planta, coa ampla horta e os xardíns que a frontean foi e segue a ser un símbolo, humano e urbanístico, que nos prestixia mesmo nestes tempos, anquiladores de tales valores.

O ano 1943 – 4º Año Triunfal, según a dialéctica oficial;tempos de profunda miseria, de fames e de tódalas carencias, o concello instalou unha tómbola con fins benéficos, a resultas da que se obtivo un beneficio de 300 ptas. que se repartiron a partes iguais entre: Asilo de Anciáns, “para socorro dos pobres asilados”; Auxilio Social, “para nenos pobres atendidos polo mesmo” e Acción Católica, “para contribuir ó almorzó dos nenos do Catecismo”.

Non temos constancia de posteriores aportacións ata os anos setenta, excepto algúns que seguirán no anonimato, por vontade expresa dos doantes.

Os tres capítulos anteriores foron os titulados: “Os Martínez Otero . Filántropos” (I); “Construcción e Inauguracioón do Asilo” (II) e “Sor Paz, un Anxo, en Foz” (III).

Vindeiro Capítulo (V):” O concello e o Asilo”.

(Suso Fernández e Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES