Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

4 minutos para dúas miradas

miércoles, 27 de junio de 2018
O psicólogo Arthur Aron dinos: “4 minutos de contacto visual achega ás persoas máis que ningunha outra cousa”. A canle de youtube Eh! pensou que había que comprobalo xuntando persoas de distintas procedencias e estatus. Fíxoo por parellas nas que unha persoa era refuxiada e a outra non. Por experiencia podo dicir que unha mirada fonda, reflexiva e sosegada só pode acabar nunha aperta porque son tantas as emocións que suscitan que precisan de contacto físico.

A empatía debuxa comprensión con tinta antiprexuízo. Por iso precisa altofalantes pero moitas veces carecen dos mesmos, mercados con diñeiro xenófobo que constrúe demagóxia en realidades de aceiro. A pregunta poderosa que se fixo Aron foi “que pasa se nos miramos?” A resposta é todo un poema de Celso Emilio: “Irmaus”, entón descobrimos que a humanidade soña igual, berra igual e comparte a mesma necesidade de loitar polo porvir.

Pódemos derrubar a xenofobia nunha mirada viral, abríndolle o corazón a quen sofre. Podemos aniquilar prexuízos decidindo coñecernos na diferenza para forxar comprensión. Podemos renunciar ao propio embigo mirándonos cara a cara nun lema colectivo: “como un irmau che falo”.

Seremos capaces de pechar os oídos ao prexuízo para abrir os ollos a dúas miradas?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania