Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo reclamamos a restauración dos frescos dos Vilares

lunes, 25 de junio de 2018
De novo reclamamos a restauracin dos frescos dos Vilares A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños crítica o nulo interés das administracións na restauración das pinturas murais da igrexa dos Vilares (s. XVI) despois medio ano de terse aprobado a restauración na Comisión de Cultura do Parlamento Galego coa votos favorabeis de PP, BNG, A MAREA e a abstención do PSOE.

Médio ano despois non se ten dotado de previsión orzamentaria esta execución, non teñen tomado contacto entre as partes (Xunta, Deputación, Concello e Igrexa) tal e como acordara a Comisión de Cultura e só os técnicos de Património e os autores do proxecto teñen cumprido coas súas obrigas.

A Lareira de soños tense posto en contacto con Património e instado á diócese de Mondoñedo-Ferrol (titular da igrexa) a solicitar a intervención urxentes debido ao alto grado de deterioro dos frescos renacentistas dos Vilares.

O baixo interés das diferentes administracións á hora de recuperar está xoia de arte relixiosa da autoria do Mestre de Parga agranda aínda máis o perigo de desaparición definitiva dos murais, que con unha actuación relativamente barata, tería nuns meses recuperado o seu explendor.

A Asociación volverá a insistir na situación dos frescos e na necesidade de acometer actuacións inmediatas, para o cal só é preciso dotalo de dotación económica, pois hai proxecto adaptado ás esixencias da Dirección Xeral de Património, hai permiso da diócese e se teñen realizado as revisións técnicas in situ dos frescos.

Despois de catro anos reclamando nas distintas institucións a atención a está xoia do património relixioso chairego a degradación das pinturas fai que entren na UCI do património sen ningún tipo de coidado nin interese pór salvalos nun preocupante pasotismo administrativo.

A Igrexa na que foi batizado o poeta Diaz Castro, coa orixe no século XII, un calvário que leva tamén médio ano con un cruceiro partido e que contén un sartego único e vários retábulos de grande valor, lugar de milleiros de romeiros na Romaría dos Desamparados, padece o abandono político dos diferentes gobernos e responsábeis que levam anos facendo ouvidos xordos ás voces de alarma de veciños e profesionáis.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES