Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas coa letra

sábado, 06 de octubre de 2007
Leo en ADN: “El Comité Olímpico Español y la SGAE elegirán la letra del himno español”, e máis que escribir un artigo debería mandar a Galicia Dixital unha foto coa miña cara de sorpresa.

Pero é que a cousa segue: “Blanco y Bautista –os presidentes do COE e a SGAE- acordaron asimismo que sea un 'comité de sabios' en la materia, presidido por el catedrático Emilio Casares, presidente del Instituto Complutense de Ciencias Musicales, el que analice y estudie las letras, previa selección primera por parte de los servicios técnicos de la SGAE, de tal manera que al jurado le lleguen las mejores composiciones.Los componentes de este jurado se conocerán públicamente el próximo 15 de octubre y serán seleccionados por el propio Casares”. Con dous pares.

Se non entendin mal, esta é a secuencia:
1º. COE e SGAE apropianse competencias lexislativas e deciden porlle letra ao himno.
2º. Os respectivos presidentes designan a un señor para formar un “comité de sabios”.
3º. Ese señor selecciona ao resto dos “sabios”.
4º. Técnicos da SGAE fan unha primeira selección de textos.
5º. Os “sabios” escollen a letra do himno.

Pregunto no meu entorno se é que alguén me está agochando algo, non sei, se estiven en coma unha longa tempada ou así. Gañaría Esperanza Aguirre as eleccións xerais e xa privatizou os símbolos patrios? Xa cambiaron a Constitución? Xesús! Pero se eu non souben nada!

Ao mellor, mañá vemos outro titular como “la Asociación de Peritos Cromáticos decidirá el orden de los colores de la bandera española”. Visto o visto, xa non me estrañaría tanto.

Deixando de lado a cuestión de que dubido moito que se pudiera chegar a unha letra amplamente consensuada (e, aínda máis, a ver quen me nega a min o dereito a cantar o himno en galego), a santo de que dúas entidades totalmente privadas, non gobernamentais, non elixidas por mandato democrático, teñen capacidade de decisión nun asunto tan básico como o himno do Estado? Máis aínda, a quen se lle ocorreu meter á SGAE polo medio? Non abondaba con deixarlles cobrar un imposto encuberto baixo a forma de canon dixital? Que maneira de seleccionar “sabios” é esa de “nós eliximoste a ti e ti escolles aos demais? Onde está Acebes nesta hora negra para o himno español?

Se esta solemne estupidez sae adiante, paréceme só que haberá tres beneficiados: o/s autor/es da letra, a SGAE –ambos polo negocio millonario que lles agarda- e un servidor, que por fin poderá meter nun artigo unha frase feita sen que pareza vulgar. Aí vai: COMO ESTÁ O PATIO!

P.S. Por se non me cren: www.adn.es/politica/20071001/NWS-2815-himno.html
Naseiro, Paulo
Naseiro, Paulo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES