Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do camiño: Camiño vendido

sábado, 06 de octubre de 2007
Calquera persoa, con mínima obxectividade á hora de analizar o que observa e ve (porque está á vista) se anda polo Camiño Francés de Santiago pode certificar o que nesta reflexión se comenta. Un camiño moi transitado que segue maltratado ("¡maltratado!") Moi mal exemplo para peregrinos, veciños da súa beira e para todos aqueles que traballan por un Camiño decente e limpo (tamén no físico) ao xeito daquelas entidades, mesmo internacionais, responsábeis que o declararan, noutrora, "1º Itinerario Cultural Europeo, Patrimonio da Humanidade e Príncipe de Asturias da Concordia". ¡Con méritos dabondo!.

A maiores da falla de control e descarado abandono do Camiño Francés (deterioro, atropelos, prezos abusivos) feito recoñecido pola propia Sociedade/Xacobeo e os Concellos, na actualidade, ambas entidades dedícanse a se culparen uns aos outros da evidente desfeita no canto de facer algo. ¡De escándalo!

A Mancomunidade do Camiño Francés (Sarria, 28, IX) e a homenaxe ao Camiño en Le Puy (Francia, 27/29, IX ) para conmemorar o 20º aniversario da declaración do 1º ICE son as dúas últimas testemuñas. A Mancomunidade dos alcaldes, por boca de alcaldes, decían frases desta guisa: "os alcaldes temos máis e mellores coñecementos cá Xunta"; "hay que estar con la cartuchera preparada porque vamos hacer Plan Especial y no nos van hacer ni caso porque ellos (Xunta) van hacer el suyo"; "Sarria tiene Plan de Protección del conjunto histórico válido para el Camino y tenemos entidad jurídica para hacerlo" (¡?) Todas estas frases (e outras que estám nos diarios do día 29) son textuais. Congreso Francia: 200 asistentes (enre políticos, investigadores e asociacións) cos directores xerais de Turismo e Xuventude á cabeza e a compaña da ACPS (asociación Periodistas Camiño). Unha pésima organización, ún escandalosos e clamoroso retraso, con anuncio de bomba incluído. ¡Tétrica situación!

Aos do Xacobeo e da Mancomunidade nótaselles onde teñen a cabeza e o corazón (os intereses) Venden fume, congresos, xuntanzas, botan balóns fóra...no canto de asumir as súas responsabilidades. ¡Serían máis rendibles se dedicaran a visitar, ollar, analizar e protexer o Camiño, o meirande BIC recoñecido de Galiza!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania