Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aerotaxis. ¡Noraboa, Vigo!

viernes, 05 de octubre de 2007
O mundo da comunicación está en revolución permanente, e hoxe é posible establecer relación instantánea entre dúas persoas independentemente da distancia física que haxa entrelas, sempre que as infraestructuras técnicas permitan a conexión.

Pero hai temas para os que non é abondo o contacto virtual, a través da Rede, e fai falla a presencia física en determinado lugar dos interesados nun “negocio”, entendido o concepto no máis amplo sentido.

Os medios tradicionais para desplazarse melloran de xeito vertixinoso, e o automóvil, o tren (con moitos matices e carencias no noso País) ou o avión comercial, van dando solución ás necesidades de viaxar que o mundo da empresa ten cada vez en maior grado e con necesidade de rapidez cada vez máis acuciante.

Por eso, chama a atención a iniciativa que vai funcionar en Vigo, dos primeiros aerotaxis de Galicia, con base no aeroporto de Peinador, idea e proxecto dun grupo de empresarios vigueses que invisten arredor de catro millóns de euros na adquisición de catro avións para a prestación deste servizo en todo o territorio da Comunidade Europea.

Magnífico sinal de vitalidade de Vigo e o seu contorno representa a posta en marcha desta iniciativa, que vencella ó sur de Galicia de xeito directo co mundo europeo dos negocios e é perfecto síntoma de progreso e innovación.

Agora, aerotaxis. Que magnífica noticia para Galicia e as súas empresas!. ¡Noraboa, Vigo!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania